sábado, 27 de octubre de 2012

CHEGA O SAMAÍN ...

Ímonos ambientando para a chegada do Samaín:

 * Disfrazámonos de cabazas






* XOGO DE BÚSQUEDA : Coas pistas que tiñamos que ler , fomos atopando as pezas do esquelete .





* AS BRUXAS



sábado, 20 de octubre de 2012

O OUTONO

* Utilizando as cores de outono , pintamos  co noso dedo unha árbore .









* CARAS CON FOLLAS

   O conto " O señor mago e a folla " ( ed. Everest ) , gústalles moito . É un mago que convirte unha folla nunha nena .  Ana púxonos o gorro de mago e cas follas que trouxemos , convertimos a folla na cara dun nen@.







* DEBUXAMOS FOLLAS : Tiñan que debuxar unha folla , utilizando varias cores e decoralo libremente.



domingo, 7 de octubre de 2012

ÁFRICA

Este curso o proxecto da biblioteca xira  arredor dos continentes . Os nen@s de infantil traballaremos co continente africano .
Esta semana chegou o cole unha carta  de Korkoro (un curmán africano de Lupi ) , que tivo un fillo, Apapu , e invita a Lupi e a Lupita para que os vaian visitar.

Buscamos no mapa onde está Etiopía  e en Internet información dos lobos etíopes ( o ano pasado xa fixéramos un proxecto do  lobo ) .
Descubrimos que quedan moi poucos lobos etíopes .





Pregúntolles que medio de transporte utilizarán Lupi e Lupita para chegar a Etiopía .
O venres despedímonos dos dous , xa que o sábado collen o avión no aeroporto de Santiago para chegar a Etiopía .
Estaremos  a espera das novas que nos manden dende ÁFRICA .

BOA VIAXE !!!




Que saben os nen@s de África ? :

  • Hai leóns , panteras , xirafas , rinocerontes , monos .
  • Está Egipto : hai camelos e dromedarios ...
  • e pirámides .
  • Escríbese con jeroglíficos , e hai unha raíña que se chama Cleopatra .
Agora tócalle a Lupi e Lupita axudarnos a que aprendamos moitas cousas máis .

 * AMBIENTACIÓN DA BIBLIOTECA : Este ano os nen@s de infantil fixemos  o móvil dun avión , no que nos debuxamos todos , acompañados de Buluchi ( a mascota da biblioteca) .


Algún dos nen@s saltou en paracaídas 




     
* DECORACIÓN DA PORTA DA CLASE


video

Despois de varias sesións de traballo , éste é o resultado