lunes, 26 de noviembre de 2012

AS XIRAFAS

Lupi e Lupita mandáronnos unha postal cos amigos novos que teñen en África : a xirafa ,  o crocodilo , o león e  o elefante . Empezamos a ler contos e libros  e ver vídeos deles .
O primeiro que traballamos é  a xirafa .






Unha das cousas que aprendemos é que cada xirafa ten un pelaxe único . Nós tratamos de pintala nosa , para que tamén fose " única ".




* CONTOS  LIDOS :



Este libro , está moi adaptado para estas idades . Fai unha síntesis das características e vida das xirafas .


domingo, 25 de noviembre de 2012

O CORAZÓN

Volvemos a retomar  o proxecto do corpo , últimamente entre o  outono , o Samaín ,o magosto e África quedara un poco relegado .
Quedávannos varias  preguntas por responder , unha era para que sirve o corazón . Aínda que trouxemos moitos libros que falan do corpo , imos axudarnos con este vídeo .

sábado, 24 de noviembre de 2012

BATIDO DE FROITAS

Seguimos traballando co conto da  " Araña e máis eu " , e aproveitando que no conto saen moitas froitas , utilizamos varias , para facer uns batidos .
Para facelos  tivemos a un " chef " moi especial , José ( o pai de Antía ) , que nos fixo uns batidos moi ricos e adaptou moi ben as explicacións a idade dos nen@s. Por suposto axudado , por todos nós .
A algún costoulle bebelo , mais conseguimos que tod@s os probasen , e outr@s repetiron varias veces .

MOITAS GRAZAS JOSÉ  , POLA TÚA COLABORACIÓN !!

video

*Previamente recordamos o nome das 15 froitas que saían no conto , case o conseguimos , só nos  quedaron dúas e numerámolas .



* Escoitamos a canción , e bailámola e intentamos cantala , e recordamos a importancia do consumo  da froita fresca .

viernes, 16 de noviembre de 2012

O MAGO BENXAMÍN

Hoxe  tivemos o  mago  Benxamín( actuación da Anpa en colaboración co concello de Cerceda ) , que nos fixo un pouquiño de maxia , misturada con humor.

jueves, 15 de noviembre de 2012

A ARAÑA E MÁIS EU.

Como estamos traballando o corpo , limos o conto de Kalandraka " A araña e máis eu "
Unha das actividades que realizamos ,despois de lelo , foi debuxar unha das froitas que aparecen no conto :
a mazá .
  1. Fixemos o fondo con tizas pastel.
  2. Debuxamos a mazá con tizas pastel .
  3. Rasgamos o rabo e a folla con papel charón .
  4. Recortamos a mazá e pegamos .

viernes, 9 de noviembre de 2012

O MAGOSTO

* CASTAÑAS :
  1. O fondo foi feito con esponxas , utilizando pintura moi diluída en auga .
  2. Rasgamos anaquiños de papel charón , para facela castaña .



* Mural colectivo : Entre os nen@s de todo o colexio , fixemos un mural do magosto . Este ano  a cada clase tocoulle facer un vagón da castaña , para facer un tren . Éste foi o que nós aportamos .






*CESTIÑAS : Preparamos para o magosto unha cesta para meter as castañas .



  Participamos en varios xogos , e rematamos coa "comilona de castañas "  e o chocolate para quentar o noso corpo  , aínda cas raiolas do sol e o movemento , xa nos fixeran entrar en calor .




jueves, 1 de noviembre de 2012

HALLOWEEN

Silvia , Nieves e Lamorna  organizaron a celebración de  Halloween para todo o colexio .
Os nen@s de infantil disfrutamos dun taller de cociña e de maquillaxe ( realizado  polos nenos de 5º E 6º ) , e finalizamos o día coa proxeccíón dunha película en inglés .

                                 video


                        Thank the teachers of English !