jueves, 24 de enero de 2013

ANIMAIS DE ÁFRICA COAS REGRETAS

Hoxe tocounos traballar por equipos :
  1. Primeiro decidimos os equipos nos que íamos ir , respetando o número establecido por cada equipo .
  2. Cada equipo tiña que facer  algún animal de África .
  3. Os equipos que elixiron eran todos de nenos e de nenas sen misturarse . A capacidade de escoita , de compartir outros puntos de vista foi moito mellor nos equipos das nenas , o que se traducíu nunha maior efectividade , fixeron máis animais en menos tempo .







OS CROCODRILOS

O seguinte amigo de Lupi e Lupita   é o crocodrilo .

*CANCIÓN :

* CONTOS :









* Reciclamos as mazarocas de millo para facer  un crocodilo :




domingo, 20 de enero de 2013

ANIMAIS QUE HIBERNAN

Limos un conto dun oso que saía da súa cova despois de hibernar  e pregunteilles se sabían que era hibernar , e que animais coñecían que hibernsasen .Coñecían tres o oso , o ourizo e a tartaruga.
Onde podemos buscalo? , sen dubidalo miramos no ordeador e  despois de velos a tod@s , fixemos unha ficha para recordar e falamos tamén dos animais que migran .

video


EXPOSICIÓN DIDÁCTICA SOBRE ADOPCIÓNS

A semana pasada chegou a noso colexio a exposición didáctica sobre adopcións , da fundacion María José  Jove . Ten como obxectivo mostrar aos alumnos/ás dos centros educativos galegos unha nova visión sobre a adopción dende a perspectiva dos fillos e fillas adoptados e os seus irmáns, así como coñecer a idea que os propios alumnos/ás teñen sobre a adopción.
Aproveitamos para traballar un pouco os distintos tipos de familia  e o respecto as diferenzas .
Imos traballar con 3 contos  :








Este xogo explícanos os distintos tipos de familia que existen :

sábado, 19 de enero de 2013

SERIES COAS REGRETAS

Seremos capaces de recordar que serie fixo cada un ?

IMAXINAMOS COAS REGRETAS

Cada nen@ libremente imaxinou o que podía crear coas regretas. Agora toca recordar candoo vexamos que fixemos cada un .

miércoles, 16 de enero de 2013

REGRETAS DE CUISENAIRE

As regretas  de Cuisenaire son un material matemático destinado basicamente a que os nenos aprendan a descomposición dos números e inicialos nas actividades de cálculo, todo iso sobre unha base manipulativa acorde ás características psicolóxicas do período evolutivo dos alumnos.
 Idóneas para traballar :
- Clasificación .
- Seriación .
- Recoñecemento de tamaños e ordeación.
- Equivalencias .
- Numeración .
- Descomposición .
- Sumas e restas , sempre de forma manipulativa .

Este xogo , está moi ben para traballalas , unha vez que tiveron unha toma de contacto con elas  .


domingo, 13 de enero de 2013

OS BONECOS DE NEVE

Xa chegou o inverno ... a neve xa caeu , mais non da chegado a Silva , así que decidimos converternos en bonecos de neve .

  1. Preparamos o fondo con pintura de  dedos .
  2. Cando secou , pintamos o corpo do boneco.                     
  3. Picamos o gorro .
  4. Debuxámoslle os brazos .
  5. Rasgamos tiras de cartolina para facer a árbore .
  6. Rasgamos papel charón para as folerpas de neve.
  7. Pegamos o gorro , bufanda e  os botóns .
  8. Decoramos coas pegadas do noso dedo.
QUE BONECOS MÁIS CHULOS !