jueves, 31 de octubre de 2013

ÁRBORES DE OUTONO

Coa pegada da nosa man e dos nosos dedos fixemos unha árbore moi outonal .



miércoles, 30 de octubre de 2013

OS COCIÑEIROS

O proxecto de biblioteca deste ano son  os oficios e profesións .Os nen@s de infantil escollemos " os cociñeiros " , polo que comezamos a decorar as portas das nosas clases   e ahí vos queda o "aperitivo " do que pode ser un interesante proxecto.









martes, 29 de octubre de 2013

CESTIÑOS PARA AS CASTAÑAS

Reciclamos as botellas de auga , recubríndoas con papel seda .



  E a enchelas de castañas .......... e a comeeeeeeeeerrrrr !!!!

lunes, 28 de octubre de 2013

domingo, 27 de octubre de 2013

DECORACIÓN DE CABAZAS

Deixo a bruxa coa súa mascota o gato , por si vos pode valer .




SERIES COAS PINZAS PEQUENAS

Unha boa forma  de favorecer a " prensión en pinza " dos dedos polgar e índice e utilizando as pinzas pequenas .


Metemos pinzas de cores variados nunha fiambrera e mandásmolle o nen@ continuar a serie : comezamos con dúas cores e unha soa pinza , e vamos incrementando a complexidade da serie , cando o nen@ a faga correctamente.



  • Tamén podemos facelas series en forma de serpe , xa esixe un pouco máis de destreza . 
  • Poñelo número de pinzas que se nos indique .
  • Poñer máis  dunha cor que doutra ( menos  ou igual número )
  • Traballar sumas e restas .
  • Poñer parellas de pinzas dentro da caixa e buscar a pinza a que lle falta a súa parrella...






sábado, 26 de octubre de 2013

UN CONTO PARA SAMAÍN...


Aínda que resulte sorprendente, estamos ante o inicio dunha grande amizade: entre un bruxo que caza nenos para a súa despensa e a que ía ser a súa próxima vítima. Con todo, a intelixencia da pequena Branca evitará que Carabuñas a engula. Ademais, propiciará que a vida deste personaxe que nunca cortaba as uñas, dea un xiro de 180 graos.
 É un conto , cunha ilustración sinxela e fermosa no que se mistura o medo inicial , coa tenrura , risa , ledicia ... A mín gustoume moito e confío que o luns , cando llo lea os nen@s , tamén o disfruten  .

XOGOS DE SAMAÍN










viernes, 18 de octubre de 2013

PERÍODO DE ADAPTACIÓN

Aquí vos quedan algúns intres do período de adaptación , tedes que disculparme por non telas publicado antes , pero primeiro tiven que localizala cámara , que non me aparecía , ja , ja , como di o refrán " Máis vale tarde que nunca ".


video

EL LIBRO INQUIETO

Estos días estamos lendo moitos contos cos que : cantamos , imitamos , movémosnos . Disfrutamos escoitando e participando .
Lemos o mesmo conto varias veces , así nos axuda a interiorizalo  mellor .
Hoxe disfrutamos co conto : " El libro inquieto " . É un libro interactivo no que tod@s participamos rascando o lombo do monstro , dándolle un bico a unha rá , axitando o mar ... aínda que para os de 3 anos é un conto un pouco longo , a maior parte deles mantivo moi ben a atención .


O PODER DA IMAXINACIÓN


Este conto invita a fomentar o " poder da imaxinación " . Nel Guillermo e os seus amigos  viven moitas  aventuras : suben nos elefantes , fan unha cabana no bosque , atravesan unha ponte perigosa , durmen na cabaña do oso ....
Despois de lelo conto fomos o ximnasio e vimos como podemos disfrutar xogando sen xoguetes , " deixando voar a nosa imaxinación "

video

E por suposto , unha vez visto polos nen@s , verbalizaremos todo o que fixemos .

martes, 15 de octubre de 2013

LIM DE CORES

Un lim para xogar coas cores , compartido polo blogue " Lospequesdemicole .blogspot .com ".


XOGO PARA TRABALLAR CONCEPTOS BÁSICOS



É un xogo para traballar conceptos básicos, no que imos colocando co rato os animais según os conceptos que queiramos traballar . Eu  sempre traballo primeiro os xogos na pdi , porque lles resulta máis motivante
  • arriba / abaixo            
  • dentro / fóra
  • diante / detrás
  • cerca / lonxe
  • entre
  • ó lado 

lunes, 14 de octubre de 2013

XOGO DAS VOGAIS

Un xogo moi sinxelo , para buscar as vogais que che vai indicando  . Idóneo para 3 e 4 anos .


XOGOS DAS CORES




viernes, 11 de octubre de 2013

GUÍA CHIN PUM


Ademais dos xogos que publiquei na anterior entrada , esta páxina web arxentina é moi completa .
Ouros xogos atractivos que podedes atopar servíranvos para :
  • Para aprender a mover e dirixir o rato.
  • para facer clic co rato.
  • para a rrastrar e soltar .
  • de memoria.
  • de labirintos.
  • de colorear.

XOGO DE INICIACIÓN NO ORDEADOR

Son  xogos moi adaptados para iniciar os nen@s .Para xogar , só teñen que tocar calquer tecla do teclado .
















jueves, 10 de octubre de 2013

QUE CONTO NOS VEÑEN A CONTAR ?

Hoxe viñeron os nenos da clase de 4 e 5 anos , a contarnos un conto  "moi chulo " para aprender os días da semana . Tamén nos ensinaron a canción que cantan eles dos días da semana e nós cantámoslle , a que estamos aprendendo nós .





CADRO DE CONDUCTA

Este cadro de conducta , coa mascota da clase , resúltalle moi motivante os nen@s. 
Cada día , ó finalizar a xornada , o encargado reparte un lobo Lupi os nen@s que se portaron ben . O finalizar a semana lévano  para a casa .
Con él traballamos tamén os números , contando os que poñen cada día e asociando co número e máis adiante  asociarán co día da semana.



lunes, 7 de octubre de 2013

CONTO PARA TRABALLAR OS DÍAS DA SEMANA

Deíxovos o conto coas ilustracións . A mín paréceme moi motivante , para axudalos nenos a interiorizar os días da semana: 


CONTO DOS DÍAS DA SEMANA :

Había unha vez unha galiña que non podía poñer ovos, polo que decidiu quedarse con tódolos ovos que atopara polo camiño.

Empezou a camiñar e atopouse cun ovo de cor amarelo  e cando fixo crac , un fermoso parrulo apareceu , e chamouno LUNS .

Seguiu camiñando e atopouse cun ovo de cor vermello, e cando fixo crac ,apareceu unha serpe , a que lle puxo por nome MARTES .

Seguiu camiñando  e atopouse cun ovo de cor  azul  , e cando fixo crac ,apareceu unha tartaruga , a que chamou MÉRCORES .

Seguiu camiñando e atopouse cun ovo de cor  azul  , e cando fixo crac , apareceu un peixiño de cores , o que chamou XOVES.

Seguiu camiñando e atopouse cun ovo de cor  laranxa   , e cando fixo crac ,apareceu un crocodilo , o que chamou VENRES .

Seguiu camiñando e atopouse con dous ovos rosa e laranxa    e cando fixeron  crac , saíron dous dinosaurios os que chamou SÁBADO E DOMINGO .
 DEBUXOS QUE O ACOMPAÑAN :




 



 



Cada día contamos a parte que corresponde e poñemos a galiña enriba do ovo , e o día .