Coas pegadas das nosas mans fixemos algúns animais de África .
Mostrando entradas con la etiqueta ÁFRICA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ÁFRICA. Mostrar todas las entradas
martes, 5 de marzo de 2013
lunes, 25 de febrero de 2013
EL BAOBAB
A árbore máis típica de África é o baobab .
Nos bosques secos de África, a árbore do baobab domina a paisaxe coa súa altura.
Conta unha lenda, que o baobab era unha das árbores máis belas do continente, admirado por todos pola súa follaxe, flores e porte. A súa vaidade creceu tanto que os deuses o castigaron, enterrando as súas ramas e deixando á vista as súas raíces. Realmente parece unha árbore invertida. Gustoulles moito a lenda .
Observamos dous cadros da pintora Cristina Alejos : " El baobab y la lluvia " y " El árbol africano ".
Fixemos a nosa versión do cadro :
sábado, 9 de febrero de 2013
MÁSCARAS AFRICANAS
- Pintámolas coas ceras brandas .
- Delimitamos as liñas con cinta de cores .
- Decorámolas con gomets e anaquiños de goma eva .
- Recortamos e pegamos .
lunes, 4 de febrero de 2013
OS ZULÚS
O Antroido no colexio xira arredor dos continentes , os nen@s de infantil disfrazarémonos de tribu zulú .
Estamos ensaiando unha canción tradicional zulú :
Aya ngena
Aya puma
Aya didi zela
Aya saba maguala
Así os debuxamos e fixemos en plastilina :
Estamos ensaiando unha canción tradicional zulú :
Aya ngena
Aya puma
Aya didi zela
Aya saba maguala
Así os debuxamos e fixemos en plastilina :
jueves, 24 de enero de 2013
ANIMAIS DE ÁFRICA COAS REGRETAS
Hoxe tocounos traballar por equipos :
- Primeiro decidimos os equipos nos que íamos ir , respetando o número establecido por cada equipo .
- Cada equipo tiña que facer algún animal de África .
- Os equipos que elixiron eran todos de nenos e de nenas sen misturarse . A capacidade de escoita , de compartir outros puntos de vista foi moito mellor nos equipos das nenas , o que se traducíu nunha maior efectividade , fixeron máis animais en menos tempo .
lunes, 26 de noviembre de 2012
AS XIRAFAS
Lupi e Lupita mandáronnos unha postal cos amigos novos que teñen en África : a xirafa , o crocodilo , o león e o elefante . Empezamos a ler contos e libros e ver vídeos deles .
Unha das cousas que aprendemos é que cada xirafa ten un pelaxe único . Nós tratamos de pintala nosa , para que tamén fose " única ".
* CONTOS LIDOS :
O primeiro que traballamos é a xirafa .
Unha das cousas que aprendemos é que cada xirafa ten un pelaxe único . Nós tratamos de pintala nosa , para que tamén fose " única ".
Este libro , está moi adaptado para estas idades . Fai unha síntesis das características e vida das xirafas .
domingo, 7 de octubre de 2012
ÁFRICA
Este curso o proxecto da biblioteca xira arredor dos continentes . Os nen@s de infantil traballaremos co continente africano .
Esta semana chegou o cole unha carta de Korkoro (un curmán africano de Lupi ) , que tivo un fillo, Apapu , e invita a Lupi e a Lupita para que os vaian visitar.
Buscamos no mapa onde está Etiopía e en Internet información dos lobos etíopes ( o ano pasado xa fixéramos un proxecto do lobo ) .
Descubrimos que quedan moi poucos lobos etíopes .
Pregúntolles que medio de transporte utilizarán Lupi e Lupita para chegar a Etiopía .
O venres despedímonos dos dous , xa que o sábado collen o avión no aeroporto de Santiago para chegar a Etiopía .
Estaremos a espera das novas que nos manden dende ÁFRICA .
BOA VIAXE !!!

Que saben os nen@s de África ? :
* AMBIENTACIÓN DA BIBLIOTECA : Este ano os nen@s de infantil fixemos o móvil dun avión , no que nos debuxamos todos , acompañados de Buluchi ( a mascota da biblioteca) .
Algún dos nen@s saltou en paracaídas
* DECORACIÓN DA PORTA DA CLASEEsta semana chegou o cole unha carta de Korkoro (un curmán africano de Lupi ) , que tivo un fillo, Apapu , e invita a Lupi e a Lupita para que os vaian visitar.
Buscamos no mapa onde está Etiopía e en Internet información dos lobos etíopes ( o ano pasado xa fixéramos un proxecto do lobo ) .
Descubrimos que quedan moi poucos lobos etíopes .
Pregúntolles que medio de transporte utilizarán Lupi e Lupita para chegar a Etiopía .
O venres despedímonos dos dous , xa que o sábado collen o avión no aeroporto de Santiago para chegar a Etiopía .
Estaremos a espera das novas que nos manden dende ÁFRICA .

Que saben os nen@s de África ? :
- Hai leóns , panteras , xirafas , rinocerontes , monos .
- Está Egipto : hai camelos e dromedarios ...
- e pirámides .
- Escríbese con jeroglíficos , e hai unha raíña que se chama Cleopatra .
* AMBIENTACIÓN DA BIBLIOTECA : Este ano os nen@s de infantil fixemos o móvil dun avión , no que nos debuxamos todos , acompañados de Buluchi ( a mascota da biblioteca) .
Algún dos nen@s saltou en paracaídas
Despois de varias sesións de traballo , éste é o resultado
Suscribirse a:
Entradas (Atom)















