Mostrando entradas con la etiqueta Samaín. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Samaín. Mostrar todas las entradas

jueves, 30 de octubre de 2014

OS MONSTROS

Decorámola clase con estes monstros






Debuxámolos  :


O PLÁTANO - PANTASMA

Elaboramos unha pantasma moi sán... e despois de comela e coller "forzas " bailamos e cantamos a canción " Os monstriños "

CABAZAS TERRORÍFICAS


PORTA DE SAMAÍN

Xa comezamos a semana pasada a  ambientar a clase para celebralo Samaín.
Decorámola nosa porta .







domingo, 3 de noviembre de 2013

CELEBRACIÓN DO SAMAÍN E O MAGOSTO




O mércores celebramos o  Halloween e o magosto con varios talleres e xogos , rematando por suposto , comendo as castañas asadas cun chocolate quentiño .... que rico !!.
Participamos nos talleres de coloreado de caroutas , a auxiliar de conversa  explicounos como se celebra o Halloween no seu país , aprendemos como hai que facer para vaciar unha cabaza , maquilláronnos , xogamos a bailar coa castaña na nosa fronte ( moi difícil para nós ) , a comer o biscoito mollado en chocolate , que nos da un compañeiro cos ollos fechados ( moi complicado para nós ... polo que rematamos comendo todos cos ollos abertos) , xogamos a lanzala castaña coa vasoira , intentamos metela castaña dentro da caixa ... un día cheo de actividades .



ARAÑAS DE SAMAÍN

 Os nen@s de 3 , 4 e 5 anos xuntámonos  paa facer un taller de cociña . Elaboramos  " arañas de Samaín " e temos que felicitalos polo seu comportamento e implicación .





O día seguinte despois de verbalizar o que fixemos , reflexamos o traballo en varias fichas según a idade do neno :
En 3 anos rodeamos   a letra " a " na palabra  araña e intentamos debuxala .
Cos nen@s de 4 e 5 anos  , escribimos os ingredientes .

 
Tod@s rodeamos os ingredientes que utilizamos para a súa elaboración :

E por último fixemos unha secuenciación temporal dos pasos que seguimos para facela araña.
Os nen@s de 3 anos fixemos a secuenciación  entre tod@s .


lunes, 28 de octubre de 2013

sábado, 26 de octubre de 2013

UN CONTO PARA SAMAÍN...


Aínda que resulte sorprendente, estamos ante o inicio dunha grande amizade: entre un bruxo que caza nenos para a súa despensa e a que ía ser a súa próxima vítima. Con todo, a intelixencia da pequena Branca evitará que Carabuñas a engula. Ademais, propiciará que a vida deste personaxe que nunca cortaba as uñas, dea un xiro de 180 graos.
 É un conto , cunha ilustración sinxela e fermosa no que se mistura o medo inicial , coa tenrura , risa , ledicia ... A mín gustoume moito e confío que o luns , cando llo lea os nen@s , tamén o disfruten  .

XOGOS DE SAMAÍN










jueves, 1 de noviembre de 2012

HALLOWEEN

Silvia , Nieves e Lamorna  organizaron a celebración de  Halloween para todo o colexio .
Os nen@s de infantil disfrutamos dun taller de cociña e de maquillaxe ( realizado  polos nenos de 5º E 6º ) , e finalizamos o día coa proxeccíón dunha película en inglés .

                                


                        Thank the teachers of English !

sábado, 27 de octubre de 2012

CHEGA O SAMAÍN ...

Ímonos ambientando para a chegada do Samaín:

 * Disfrazámonos de cabazas






* XOGO DE BÚSQUEDA : Coas pistas que tiñamos que ler , fomos atopando as pezas do esquelete .





* AS BRUXAS



domingo, 16 de octubre de 2011

O SAMAÍN .


 Os nen@s gústanlle moito as seguintes cancións :

                              


         
                         


*AMBIENTÁMOLA CLASE :

     *PREPARAMOS CARAS DE MONSTROS : Ana esquenceuse de traer os ingredientes , menos
       mal que Lupi está en todo , e apareceu co carro da compra .