Mostrando entradas con la etiqueta conto. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta conto. Mostrar todas las entradas

jueves, 28 de noviembre de 2013

OS TRES PORQUIÑOS NO NADAL

  Está basado no clásico " Os 3 porquiños " , é  sinxelo  e moi divertido ,  invita a reflexionar e  a  debatir cos nen@s que é o que ocurre o final do conto ...

domingo, 17 de noviembre de 2013

EL GRAN , GRAN , GRAN DINOSAURIO


"Ao pequeno dinosauro Finlay, mentres conta tranquilamente os seus gominolas para facer a repartición entre o seu amigo e él, intenta intimidarlle un malhumorado dinosauro moito máis grande e feroz, pero Finlay non se acovarda. A cada demostración de forza bruta do seu acosador, o pequeno dinosauro responde simplemente que o seu amigo lle supera en tamaño e habilidade, e que lle comerá sen inmutarse en canto él llo pida. Será certo que Finlay ten de verdade un enorme amigo."

É mellor COMPARTIR e ter bos amigos, que gruñir e presumir diante dos demais.

EL BUEN LOBITO

E xa que vos falei de contos de lobos na última entrada , deíxovos un conto dun lobo moi bo , o que lle  encanta cociñar , come de todo , incluso as verduras ... ata que un día se atopa cun lobo malo , que lle fai " cuestionarse a súa personalidade "... quédome coa súa mensaxe que " cada un é único e irrepetible " , e que temos que actuar dacordo co que pensamos .
É un conto premiado na Feira Internacional do Libro Infantil de Bolonia , e que resulta moi familiar e cercano para os nen@s , xa que aprecen tamén os clásicos : " Os 3 porquiños " e
 " Carapuchiña vermella ".... e cun final sorpresa que nos fai reflexionar e que invita o debate cos nen@s.

miércoles, 13 de noviembre de 2013

PEQUENO AZUL E PEQUENO AMARELO

Outro conto que lemos relacionado co círculo foi : " Pequeno  azul e pequeno  amarelo " .

É un conto cunha ilustración moi simple feita con anacos de papel e poucas palabras, que esconde unha historia entrañable,historia na que se enxalzan a amizade,a identidade individual e colectiva. Os nen@s reciben unha lección artística sobre cores, tamaños e direccións.

 Este conto realizárono os nen@s e o  profesorsado do Ceip Alpartir   (Zaragoza) . GRAZAS POR COMPARTILO !!

miércoles, 6 de noviembre de 2013

POR CUATRO ESQUINITAS DE NADA

Dado que estamos traballando co círculo , aproveito para lerlles un conto moi bo pola súa simpleza , mais cunha grande mensaxe de fondo : a  amizade e o respeto pola diferenza .
Cuadradito quere xogar na casa dos seus amigos Redonditos, pero non pasa pola porta porque... A porta é redonda como os seus amigos! «Teremos que recortarche as esquinas!», dinlle os redonditos. «Oh, non! -di Cuadradito- Doeríame moito!» Que podemos facer? Cuadradito é diferente. Nunca será redondo.



Aquí vos deixo a adaptación do conto feita por Maite  Calavia  con alumnos do ceip " El Espartidero de  Zaragoza ". Grazas por compartilo .

viernes, 18 de octubre de 2013

EL LIBRO INQUIETO

Estos días estamos lendo moitos contos cos que : cantamos , imitamos , movémosnos . Disfrutamos escoitando e participando .
Lemos o mesmo conto varias veces , así nos axuda a interiorizalo  mellor .
Hoxe disfrutamos co conto : " El libro inquieto " . É un libro interactivo no que tod@s participamos rascando o lombo do monstro , dándolle un bico a unha rá , axitando o mar ... aínda que para os de 3 anos é un conto un pouco longo , a maior parte deles mantivo moi ben a atención .


O PODER DA IMAXINACIÓN


Este conto invita a fomentar o " poder da imaxinación " . Nel Guillermo e os seus amigos  viven moitas  aventuras : suben nos elefantes , fan unha cabana no bosque , atravesan unha ponte perigosa , durmen na cabaña do oso ....
Despois de lelo conto fomos o ximnasio e vimos como podemos disfrutar xogando sen xoguetes , " deixando voar a nosa imaxinación "


E por suposto , unha vez visto polos nen@s , verbalizaremos todo o que fixemos .

jueves, 10 de octubre de 2013

QUE CONTO NOS VEÑEN A CONTAR ?

Hoxe viñeron os nenos da clase de 4 e 5 anos , a contarnos un conto  "moi chulo " para aprender os días da semana . Tamén nos ensinaron a canción que cantan eles dos días da semana e nós cantámoslle , a que estamos aprendendo nós .