Mostrando entradas con la etiqueta Pais. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Pais. Mostrar todas las entradas

domingo, 23 de diciembre de 2012

OS PAXAROS DE CHEFA E TOÑITO

Desta volta Chefa non veu cargada de froita , senón de xaulas con paxaros . Chefa e Toñito trouxéronnos  algúns , dos moitos animais , que teñen no seu " zoo " . Poidemos coñecer varios tipos de aves : os agapornies , os periquitos , a codorniz de China , os diamantes mandaríns e os canarios .
Os nen@s  que se atreveron poideron coller o periquito ( que non corría risco de botarse a voar ) , algún asustouse o telo na man , outros só  o tocaron ...
Vimos os ovos que poñen  que son moi pequeniños , vimos os distintos tipos de plumas .
Chefa explicounos moitas cousas destes paxaros e ensinounos moitas fotos doutros animais que teñen na casa .

MOITAS GRAZAS CHEFA E TOÑITO POLA VOSA COLABORACIÓN !!!