Mostrando entradas con la etiqueta Can. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Can. Mostrar todas las entradas

domingo, 24 de marzo de 2013

OS NOSOS CONTOS DE CANS PREFERIDOS


Limos moitos contos de cans . Escollemos éstes catro , que foron os que máis nos gustaron :




É un conto  moi tenro , os nen@s rematan memorizando tódalas rimas do conto .



O protagonista buscará bicos tenros por todos os cuartos da casa... detrás das ventás, as portas, os coxíns, os armarios, na neveira. Os únicos bicos, que atopará serán bicos de araña, serpe, peixe, rá, mamut, mosca... ata chegar ao último cuarto onde encontrará os bicos tenros que buscaba de papá e mamá .
Préstase para traballar os sentimentos cos nen@s.

Un conto optimista sobre un cadelo cunha gran personalidade, o amor da nena pola súa mascota, e cunha bonita mensaxe: podes ser o que queiras ser, non deixes que outros diten os teus sonos.


Éstes son os debuxos do conto , encantoulles , e de feito reproduciron o debuxo máis duna vez .
Os debuxos dos nen@s a estas idades son moi expresivos !! 




AS PEGADAS DO CAN

Lendo os libros de información do can , descubrimos que só teñen 4 dedos . Traballamos coas súas pegadas .
Ésta é a representación plástica que fixemos .

lunes, 18 de marzo de 2013

O LICAÓN

Xa coñecemos moitas razas de cans domésticos ... aprendemos que tamén hai cans salvaxes e cun deles vive nun continente , xa coñecido por tod@s  : ÁFRICA


                                                                LICAÓN

jueves, 14 de marzo de 2013

IMAXINAMOS ...

Desta volta e xa que o proxecto xira arredor dos cans , decidimos crear uns cans  ( individual ou colectivamente  ) , utilizando o material da clase que quixemos .
Como xa o fixemos con anterioridade , a tarefa resultou máis sinxela :
- Algunha parella fixo a toma de decisións conxuntamente .
- Noutra hai algún que leva o mando .
- A outros  ( aínda que lles encanta poñerse xuntos ) , ás veces , cústalle chegar a acordos .
Non interveño para nada no material seleccionado , nin na toma de decisións . Só hai que felicitalos polo traballo ben feito .

                                                          

                                                
                                           MARÍA E CANDELA


                                         ELISEO


                                          DALIA E PAULA



                                          XIAO , RODRIGO E MATEO

 

                                           ANTÍA E CARLA

lunes, 11 de marzo de 2013

JUEGO CON BUAU

O can Buau  ensínanos cousas dos seres vivos que nos rodean .

viernes, 8 de marzo de 2013

Xan Pericán

Recitamos  esta poesía encadeada que nos gusta moito .

101 DÁLMATAS

Vimos a película dos 101 dálmatas . Contáronme o que ocurría na película e pregunteilles se 101 eran moitos ou poucos cans , non dubidaron en responder que eran moitos .
Pregunteilles se querían ver cantos eran e dixeron que sí.
Noutra sesión fixemos o pactado , preparei  os 101 dálamatas e 99 números ( polo calendario a maior parte dos nen@s , xa coñecen ata o 31 , e máis números ... ) .
Comezamos ordeando os números , do 1-9 , 10 - 19 , 20 -29, 30 -39 ... e así sucesivamente a ta chegar o 99. Unha vez ordeados en filas , empezamos a contalos cans , cada nen@ collía 10 cans e numerábaos , comprobamos que non nos chegou toda  a clase para facer a fila e tivemos que dar volta , e cando colocaron o 99 , pregunteilles  como escribo  o 100 e  101 ... e solucionárono sen axuda .
Canto contamos !!! .

Outras actividades que realizamos :
  • Colocamos os cans enriba das mesas  e cada nen@ buscaba o maior número posible de parellas ( xa que os debuxos dos dálmatas se repetían ) .
  • Collemos 10 parellas de cans , dámoslle a volta ,e por turnos intentamos buscar parellas .
  • Facemos series de cans e temos que continualas.
  • E continuaremos traballando agrupacións , sumando , restando , traballando a lateralidade pola posición que teñen ... e o que vaia xurdindo .

XOGO DO CAN

Poñémonos por parellas . Limitamos un espazo na clase para facer o xogo ( un neno ten que buscar a outro cos ollos pechados ) ,  .
O xogo consiste en  que o can ( nen@ cos ollos tapados ) ten que atopar o seu fillo ( que ladra seguido ). Só se pode orientar polo oído .


CANS CON TÉMPERAS

Debuxamos o can , pintámolo con témperas e démoslle un fondo cheo de cor cun pincel groso , e así nos quedaron de expresivos ... noraboa artistas !! .

jueves, 28 de febrero de 2013

UNS CANS MOI COLORIDOS

Puxémonos " mans a obra " para facer uns cans moi especiais , moi grandes ( que a profe Ana é moi pesada , con que fagamos os debuxos grandes ... ) , e cheos de cores vivas ... e  así quedaron  de chulis ! .
  1. Debuxamos a silueta da cabeza .
  2. Pintamos a cara con témperas , coa cor que escolllemos.
  3. Escollemos unha cor para o fondo e pintámola con témperas .
  4. Pintamos con ceras brandas as partes da cabeza e as súas manchas .
  5. Recortamos e pegamos a  cabeza .

miércoles, 27 de febrero de 2013

NUEVO PROYECTO : EL PERRO

O CAN

Como estamos traballando con África , aprendemos moitas cousas de 4 animais salvaxes : o león , o elefante , o crocodilo e a xirafa ( os amigos de Lupi e Lupita ) .
 Agora decidimos traballar cun animal doméstico e para iso votaron o que querían :

Gañou o can por maioría.


Que saben dos cans ?
  • teñen garras
  • pelo .
  • teñen moi bo olfacto.
  • e oído.
  • cando están contentos movewn o rabo .
  •  hai cans que vixían .
  • ladran .
  • saltan .
  • son omnívoros .
  • non deben comer moito zucre .