Mostrando entradas con la etiqueta Creatividade. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Creatividade. Mostrar todas las entradas

jueves, 14 de marzo de 2013

IMAXINAMOS ...

Desta volta e xa que o proxecto xira arredor dos cans , decidimos crear uns cans  ( individual ou colectivamente  ) , utilizando o material da clase que quixemos .
Como xa o fixemos con anterioridade , a tarefa resultou máis sinxela :
- Algunha parella fixo a toma de decisións conxuntamente .
- Noutra hai algún que leva o mando .
- A outros  ( aínda que lles encanta poñerse xuntos ) , ás veces , cústalle chegar a acordos .
Non interveño para nada no material seleccionado , nin na toma de decisións . Só hai que felicitalos polo traballo ben feito .

                                                          

                                                
                                           MARÍA E CANDELA


                                         ELISEO


                                          DALIA E PAULA



                                          XIAO , RODRIGO E MATEO

 

                                           ANTÍA E CARLA

sábado, 2 de marzo de 2013

ABECEDARIO


Construimos un abecedario con material diverso . Repartimos as letras entre tod@s , escollendo entre o material que nos deu  Ana , con que queríamos facer cada letra , tendo en conta que non podíamos repetir .



Este foi o resultado : Non intervín nada no proceso , axudáronse e resolveron  as dúbidas entre eles .


sábado, 24 de marzo de 2012

CLASIFICAMOS , ORDEAMOS , SERIAMOS E IMAXINAMOS CON TAPÓNS

É importante cos nen@s   traballen con distintos materiais , que experimenten , que desenrolen a súa creatividade e que sexan conscientes de que podemos divertirnos sen xogar con xoguetes , reciclando .
Cada un , é capaz de facelo , sen estar pendente do seu compañeir@ . Estaban moi tranquil@s e cun nivel de atención e autonomía moi bo . Na creación non interviñen nada.
Foi unha experiencia moi grata.




* Non poño quen fixo cada un , xa que ó velo , teñen que recordar cales fixeron .






viernes, 2 de marzo de 2012

CREAMOS COS BLOQUES LÓXICOS

Cada nen@ imaxinou o que podía crear  cas figuras .
 Foi gratificante o resultado.  O nome dos nen@s  non vai posto , porque cada un ten que recordar cal é o que fixo .