Mostrando entradas con la etiqueta amizade. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta amizade. Mostrar todas las entradas

sábado, 15 de febrero de 2014

DEBUXAMO O NOSO MELLOR AMIGO

E traballando sobre a amizade , debuxamos o noso mellor amig@ . E así quedaron os nosos amig@s , "cheos de cor ".


MURAL DO DÍA DA AMIZADE

O 14 de Febreiro celebramos o S. Valentín , de varias formas .
Previamente falamos de que é para eles o amor, e ahí van as respostas:
- É darse bicos.
- e tamén abrazos .
- quererse.
E logo dixo cada un a quen quería moito .
Fixemos entre tódolos nen@s de infantil este mural , para recordar que debemos querer e respetalos nosos compañeiros.




domingo, 17 de noviembre de 2013

EL GRAN , GRAN , GRAN DINOSAURIO


"Ao pequeno dinosauro Finlay, mentres conta tranquilamente os seus gominolas para facer a repartición entre o seu amigo e él, intenta intimidarlle un malhumorado dinosauro moito máis grande e feroz, pero Finlay non se acovarda. A cada demostración de forza bruta do seu acosador, o pequeno dinosauro responde simplemente que o seu amigo lle supera en tamaño e habilidade, e que lle comerá sen inmutarse en canto él llo pida. Será certo que Finlay ten de verdade un enorme amigo."

É mellor COMPARTIR e ter bos amigos, que gruñir e presumir diante dos demais.

miércoles, 13 de noviembre de 2013

PEQUENO AZUL E PEQUENO AMARELO

Outro conto que lemos relacionado co círculo foi : " Pequeno  azul e pequeno  amarelo " .

É un conto cunha ilustración moi simple feita con anacos de papel e poucas palabras, que esconde unha historia entrañable,historia na que se enxalzan a amizade,a identidade individual e colectiva. Os nen@s reciben unha lección artística sobre cores, tamaños e direccións.

 Este conto realizárono os nen@s e o  profesorsado do Ceip Alpartir   (Zaragoza) . GRAZAS POR COMPARTILO !!

miércoles, 6 de noviembre de 2013

POR CUATRO ESQUINITAS DE NADA

Dado que estamos traballando co círculo , aproveito para lerlles un conto moi bo pola súa simpleza , mais cunha grande mensaxe de fondo : a  amizade e o respeto pola diferenza .
Cuadradito quere xogar na casa dos seus amigos Redonditos, pero non pasa pola porta porque... A porta é redonda como os seus amigos! «Teremos que recortarche as esquinas!», dinlle os redonditos. «Oh, non! -di Cuadradito- Doeríame moito!» Que podemos facer? Cuadradito é diferente. Nunca será redondo.



Aquí vos deixo a adaptación do conto feita por Maite  Calavia  con alumnos do ceip " El Espartidero de  Zaragoza ". Grazas por compartilo .

sábado, 10 de diciembre de 2011

O LOBO LOBÍN

CONTO DA AMIZADE

Os nen@s de 3º e 6 º , dirixidos por Teresa , fixéronnos un regalo moi especial , un conto debuxado por eles , no que cada un de nós éramos  un personaxe do conto . O conto xira entorno a amizade . É como di Teresa a amizade non entende de "diferenzas de idade ". .
                                                                   ¡ GRAZAS AMIG@S !
                                                                   ¡ GRAZAS TERESA ! .
 Un fermoso regalo cargado de amizade.