Mostrando entradas con la etiqueta Corpo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Corpo. Mostrar todas las entradas

domingo, 28 de septiembre de 2014

MERENDAMOS CON ...

Fixemos un fermosos manteis plastificados , para poñer enriba da nosa mesa , a hora da merenda .
Convertimos un cuadrado e un triángulo , no corpo do nen@ , que debuxamos .
Así nos quedaron , " moi expresivos "


domingo, 25 de noviembre de 2012

O CORAZÓN

Volvemos a retomar  o proxecto do corpo , últimamente entre o  outono , o Samaín ,o magosto e África quedara un poco relegado .
Quedávannos varias  preguntas por responder , unha era para que sirve o corazón . Aínda que trouxemos moitos libros que falan do corpo , imos axudarnos con este vídeo .

lunes, 24 de septiembre de 2012

CAIXA DOS SENTIDOS

  Na caixa que levarán para a casa teñen que meter algo relacionado co sentido  que vai debuxado , para que os demais adiviñen o que trouxo .

 

 Comezamos polo olfacto :


Grazas pola vosa colaboración .

miércoles, 19 de septiembre de 2012

PROXECTO DO CORPO



Como xa estamos acostumados a traballar por proxectos , algún xa  o botaba en falta e preguntoume cando empezábamos a " estudiar " , polo que decidimos comezar polo que nos quedara pendente do curso pasado : o corpo .


* QUE SABEMOS ? :

- que ten músculos .
- ten ósos .
- dentro dos ósos hai calcio.
- ten páncreas .
- temos corazón 
- e cerebro
- temos venas
- e tamén intestinos
- e fígado .
- temos carne
 - e grasa
- e sangue.

  * QUE QUEREMOS APRENDER ?

  - eu saber todo dos órganos .
  - do corazón .
  - do cerebro
  - para que sirven os músculos ?

Aínda que éses son os seus intereses , imos comenzar polo exterior , para  dar resposta despois as súas preguntas .  
Darvos as grazas a tod@s polo material que nos aportastes , e dende aquí anímovos a que veñades a facer calquer actividade con eles , relacionada co noso proxecto.


* RETRATOS DE PLASTILINA





* BONECOS






* CARAS DISPARATADAS : Gustounos moito o xogo que nos puxo Ana no blog de facer " caras disparatadas " , polo que intentamos facelo mesmo , utilizando a publicidade . 

 

 
 
* XOGAMOS A RECORDAR :    Nesta actividade deixei no chan variedade de material ( pinzas , pedras , bloques lóxicos , paos de  xeado , regretas , pompóns ,anacos de goma eva , bolígrafos ... ) .
Sen modelo previo , cada un , ten que intentar facer un nen@ .
Ó velo no blog , recordamos cal fixo cada un .












* VIDEOS



*ADIVIÑA :



*CANCIÓNS












jueves, 13 de septiembre de 2012

ESQUEMA CORPORAL

 Aproveitamos o debuxo que fixemos do noso corpo , para facer  un  salvamantel para utilizar na merenda .