Mostrando entradas con la etiqueta Ler. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Ler. Mostrar todas las entradas

lunes, 15 de septiembre de 2014

BENEFICIOS DE LERLLE OS NEN@S

Beneficios de ler en voz alta:
Ler en voz alta contribúe ao desenvolvemento emocional do neno e pon as bases da súa capacidade de comunicarse:


- Os nenos educados no hábito da lectura convértense na idade adulta en bos lectores.

- Os psicólogos comprobaron que ler contos ou libros ao neno lle axuda a desenvolver e coñecer as súas emocións.

- Máis do 50% do desenvolvemento intelectual prodúcese entre o nacemento e os catro anos de idade, é polo tanto unha idade ideal para poñer os cimentos do hábito da lectura. Unha enquisa da UE revelou que o 80% dos adultos que acudían a bibliotecas públicas  ,xa ían a éstas cando eran nenos.

- Os estudos confirman que os nenos educados no gusto pola lectura en casas onde é costume ler en voz alta aos máis pequenos, están máis preparados para desenvolver as súas capacidades de aprendizaxe.

- A lectura, a diferenza da televisión, os ordenadores e outros medios, estimulan o neno a encher a mente. Desenvólvese así a capacidade de imaxinación e creatividade do neno que ha de crear na súa cabeza as imaxes do que le ou lle están a ler.

- Ler ao neno en voz alta, potencia a súa concentración e atención, xa que teñen que centrarse en comprender o que están a escoitar .

- O desenvolvemento das capacidades lingüísticas do neno é, así mesmo un dos principais beneficios da lectura en voz alta.