martes, 26 de marzo de 2013

PLANTAMOS O TULIPÁN

O día 11 de Marzo plantamos o noso tulipán . Estamos moi pendentes do seu crecemento , cada día que chegamos a clase miramos o que medrou , e os primeiros días houbo un pouco  de decepción : " profe , non medrou nada "...  " a miña está máis alta ".



Buscamos en internet o tulipán , xa que algún non coñecía a flor .

Fixemos un calendario e rodeamos o día 11 , para ver os días que pasan ata que saia a flor .
O día seguinte de plantala , verbalizamos os pasos que fixemos para plantala e plasmámolo nunha ficha .





Aprendemos as partes do bulbo e para que serven .
Pegamos cada palabra no sitio que lle corresponde .



No hay comentarios:

Publicar un comentario