lunes, 7 de octubre de 2013

CONTO PARA TRABALLAR OS DÍAS DA SEMANA

Deíxovos o conto coas ilustracións . A mín paréceme moi motivante , para axudalos nenos a interiorizar os días da semana: 


CONTO DOS DÍAS DA SEMANA :

Había unha vez unha galiña que non podía poñer ovos, polo que decidiu quedarse con tódolos ovos que atopara polo camiño.

Empezou a camiñar e atopouse cun ovo de cor amarelo  e cando fixo crac , un fermoso parrulo apareceu , e chamouno LUNS .

Seguiu camiñando e atopouse cun ovo de cor vermello, e cando fixo crac ,apareceu unha serpe , a que lle puxo por nome MARTES .

Seguiu camiñando  e atopouse cun ovo de cor  azul  , e cando fixo crac ,apareceu unha tartaruga , a que chamou MÉRCORES .

Seguiu camiñando e atopouse cun ovo de cor  azul  , e cando fixo crac , apareceu un peixiño de cores , o que chamou XOVES.

Seguiu camiñando e atopouse cun ovo de cor  laranxa   , e cando fixo crac ,apareceu un crocodilo , o que chamou VENRES .

Seguiu camiñando e atopouse con dous ovos rosa e laranxa    e cando fixeron  crac , saíron dous dinosaurios os que chamou SÁBADO E DOMINGO .
 DEBUXOS QUE O ACOMPAÑAN :




 



 



Cada día contamos a parte que corresponde e poñemos a galiña enriba do ovo , e o día .

1 comentario:

  1. É un conto moi chulo. Menuda sorte tivéchedes!!!!!!! Un bico.

    ResponderEliminar