domingo, 3 de noviembre de 2013

CELEBRACIÓN DO SAMAÍN E O MAGOSTO




O mércores celebramos o  Halloween e o magosto con varios talleres e xogos , rematando por suposto , comendo as castañas asadas cun chocolate quentiño .... que rico !!.
Participamos nos talleres de coloreado de caroutas , a auxiliar de conversa  explicounos como se celebra o Halloween no seu país , aprendemos como hai que facer para vaciar unha cabaza , maquilláronnos , xogamos a bailar coa castaña na nosa fronte ( moi difícil para nós ) , a comer o biscoito mollado en chocolate , que nos da un compañeiro cos ollos fechados ( moi complicado para nós ... polo que rematamos comendo todos cos ollos abertos) , xogamos a lanzala castaña coa vasoira , intentamos metela castaña dentro da caixa ... un día cheo de actividades .

video


1 comentario: