martes, 7 de octubre de 2014

QUEN SON ?

Hoxe apareceu un neno debuxado na pizarra , que preguntaba Quen son ?


Un neno respondeu : é un cavernícola.
A partir de aquí vou escribindo  no encerado  o que saben :

  • Non tiñan camas.
  • Non tiñan roupa coma nosa , nin zapatos.
  • Vivían en covas.
  • Non tiñan peites.
  • Collían auga do río.
Cando xa dixeron o que sabían , escribín as preguntas do que querían aprender :
  • Como se bañaban ?
  • Como se vestían ?
  • Que comían ?
  • Como comían ?
  • Que facían ?
A familia levades unha nota , para que os nen@s vaian traendo información , e para que vos animades a vir facer un taller cos nen@s.

1 comentario: