domingo, 29 de abril de 2012

DÍA DA NAI


O   día 6 celébrase  o Día da Nai , polo que imos aproveitar este día para traballar un pouco cos  sentimentos e emocións dos nen@s . A motivación  partirá de dous contos :





" Te quiero un montón " (ed.Bruño)

Neste conto Garbancito averiguará  de cantas formas o quere a súa nai.
Nel afondamos na importancia de compartir con nosos fill@s "os bos momentos da vida ",
xa que moitas veces o ritmo de traballo que levamos , fainos esquencer isto.


*Traballamos cun cadro , no que eles ían dicindo o que lles suxería : 
  • É unha nai co seu bebé .
  • A nai dalle un bico na man .
  • A nai quere moito  o bebé .
  • Hai moito amor .
Os nen@s pequenos tamén poden ter un achegamento coa arte .




* Este foi o detalle que lle fixemos a nosa nai , convertémonos na flor máis fermosa do seu xardín.

 

miércoles, 25 de abril de 2012

DÍA DO LIBRO

Celebramos o Día do Libro , coa participación no concurso dun conto que tiñamos que elaborar no que saisen 2 personaxes : Carapuchiña e Mortadelo , tiña que estar ambientado na praia .


*Recollemos o premio do concurso de contos :



EXCURSIÓN A CERCEDA

.VISITÁMOLO MUSEO DO MOUCHO E A PANADERÍA "O PANADEIRO "





domingo, 22 de abril de 2012

FLORES

A primavera chegou moi escura e chuviosa , intentamos darlle   cor e alegría cos cadros que realizamos con  pinceis e pintura.

lunes, 16 de abril de 2012

O LIBRO MÁXICO

Imos cantar esta canción no festival do  Día das Letras Galegas . É unha canción de Migallas que lles gusta moito os nen@s.

domingo, 15 de abril de 2012

A FLOR DO TOXO

Coñecemos unha flor moi típica da nosa terra ,  a flor do toxo . Aprendemos que se chama alecrín ou chorima , e que florece non só  en primavera , senón tamén en verán e outono .
Cada un intentou reproducila , con plastilina e con pintura de dedos . Así nos quedou :