Mostrando entradas con la etiqueta Día da nai. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día da nai. Mostrar todas las entradas

domingo, 29 de abril de 2012

DÍA DA NAI


O   día 6 celébrase  o Día da Nai , polo que imos aproveitar este día para traballar un pouco cos  sentimentos e emocións dos nen@s . A motivación  partirá de dous contos :





" Te quiero un montón " (ed.Bruño)

Neste conto Garbancito averiguará  de cantas formas o quere a súa nai.
Nel afondamos na importancia de compartir con nosos fill@s "os bos momentos da vida ",
xa que moitas veces o ritmo de traballo que levamos , fainos esquencer isto.


*Traballamos cun cadro , no que eles ían dicindo o que lles suxería : 
  • É unha nai co seu bebé .
  • A nai dalle un bico na man .
  • A nai quere moito  o bebé .
  • Hai moito amor .
Os nen@s pequenos tamén poden ter un achegamento coa arte .




* Este foi o detalle que lle fixemos a nosa nai , convertémonos na flor máis fermosa do seu xardín.