domingo, 20 de mayo de 2012

FESTIVAL DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Este ano  os nen@s de infantil participamos coa canción " O LIBRO MÁXICO " . Fixémolo ben , polo que mereceu a pena tódolos anaquiños de tempo que adicamos a ensaiar . Queda aquí a grabación deste intre , non é de boa calidade , pero as familias que non estivestes podedes disfrutal@s.



jueves, 17 de mayo de 2012

OS TULIPÁNS .


Traballamos  a simetría con dúas actividades  plásticas :
  1. Fixemos  as bolboretas debuxando unha metade nun papel  dobrado para que quedaran os dous lados simétricos .
          Os tulipáns relizáronos co origami , plegando no papel .






2. Fixemos o xarrón debuxando unha metade no papel dobrado e decorámolo libremente.




FLORES

Fixeron as flores resgando o papel , un traballo que lles custa facer .

CONCURSO DE POSTAIS DO CONCELLO DE CERCEDA

Participamos no Certame escolar Primavera das letras , acadando o 2º premio coa postal que presentamos , xa sabedes que é importante esforzarse para que queden ben os nosos traballos .

             
                   



* Entrega do premio :

                                    

miércoles, 9 de mayo de 2012

PLANTAMOS A DALIA

Hoxe plantamos unha dalia , agora toca cuidala  e darlle " mimos " para que saia fermosa .¿ De qué cor será ? , agora temos que ter paciencia , esperar e ir observando a súa evolución .

O CUMPREANOS DA PROFE

OS NEN@S FIXÉRONME UNHA COROA BEN CHULA .

VISITA Ó SALÓN DE PEITEADO

O Luns estivemos no salón de peiteado de María ( a nai de Claudia ). Os nen@s disfrutaron moito da sesión , na que puideron ver todo o que se facía : lavar a cabeza , peitearse , depilarse , poñerse moren@ no solario , pintarse.
María peiteou  a tódolos nen@s que quixeron  e pintoúllelas uñas.
Grazas María por facer que os nen@s disfrutasen  e aprendesen coa actividade e moitas grazas por abrirlle o salón de peiteado no teu día libre.



Custom Glitter Text

viernes, 4 de mayo de 2012

A CAIXA - SORPRESA

Cada nen@ levará  a caixa para  a súa casa e traerá algo metido dentro .
Ó chegar a clase tratará de describir que  é o que trae , os demais tratarán de adiviñalo .