Mostrando entradas con la etiqueta Taller cociña. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Taller cociña. Mostrar todas las entradas

sábado, 15 de diciembre de 2012

COCIÑAMOS CON CHEFA

O luns estivo Chefa cociñando con nós . Preparamos catro patros :
  1. Piruleta de froitas .
  2. Brochetas de froitas con chocolate .
  3. Ovos con patacas fritas .
  4. Pizza de froitas .
Como podedes ver un menú  "casi de voda " , e moi san , xa que a maioría dos ingredientes eran froitas .
Xa rematado o taller de cociña , fomos dicindo entre tod@s o que fixemos e os ingredientes que utilizamos .
E estivemos moi atentos , xa que non se nos esquenceu nada .




    MOITAS GRAZAS CHEFA POLA TÚA COLABORACIÓN !! .


sábado, 24 de noviembre de 2012

BATIDO DE FROITAS

Seguimos traballando co conto da  " Araña e máis eu " , e aproveitando que no conto saen moitas froitas , utilizamos varias , para facer uns batidos .
Para facelos  tivemos a un " chef " moi especial , José ( o pai de Antía ) , que nos fixo uns batidos moi ricos e adaptou moi ben as explicacións a idade dos nen@s. Por suposto axudado , por todos nós .
A algún costoulle bebelo , mais conseguimos que tod@s os probasen , e outr@s repetiron varias veces .

MOITAS GRAZAS JOSÉ  , POLA TÚA COLABORACIÓN !!


*Previamente recordamos o nome das 15 froitas que saían no conto , case o conseguimos , só nos  quedaron dúas e numerámolas .



* Escoitamos a canción , e bailámola e intentamos cantala , e recordamos a importancia do consumo  da froita fresca .