martes, 28 de febrero de 2012

A CAIXA DAS PREGUNTAS

¿ Qué queremos saber ? . Nesta caixa os nen@s irán escribindo e gardando " tódolas cousas" , que queren aprender.

domingo, 19 de febrero de 2012

viernes, 17 de febrero de 2012

jueves, 16 de febrero de 2012

CLARA

Aproveito este intre para facela presentación de Clara , que está facendo as prácticas de Maxisterio con nós , durante o mes de febreiro. Os nen@s están moi content@s con ela e a profe tamén .
Hoxe deixounos  maquillala de india . Foi moi divertido .




Hoxe leunos un conto cheo de amor "A bela e a besta "


miércoles, 15 de febrero de 2012

MÉRCORES DE ENTROIDO

Hoxe tocaba ir de laranxa .Nós fixemos unhas gravatas de pallaso e así quedamos de guap@s.


FESTEXAMOS S. VALENTÍN


sábado, 11 de febrero de 2012

martes, 7 de febrero de 2012

LUPITA

Antes de Nadal, os nen@s querían que Lupi tivera unha moza.Ana pediulle os Reis Magos que nos trouxesen unha,tarefa difícil para os reis , xa que os lobos están en perigo de extinción;máis conseguírona e hoxe chegou un paquete a nosa clase.
Tiveron que buscarlle un nome a loba e despois de votar ,saíu por maioría Lupita.
Como podedes ver nas imaxes o amor xurdiu entre eles.

lunes, 6 de febrero de 2012

O ENTROIDO





*No Entroido tódolos cambios son posibles , vexamos unha pequena mostra:






* Debuxámonos de piratas , indi@s , pallaso e princesa :




* Recortamos os disfraces que nos gustaron  dunha revista , poñendo a nosa cara .  
   O resultado foi moi divertido.



jueves, 2 de febrero de 2012

DÍA DA PAZ

A semana pasada estivemos traballando a paz a través de varios contos.
  1. No quiero verte más .Ed. Juventud.
  2. ¿Me lo dejas ?.Ed.Juventud .
  3. Topi  y Popi , una colina o un hoyo .Ed . Alberdaina .
  4. Negros e brancos .Ed. Xerais.
  5. Un monstruo muy especial . Ed. Elfos.
Profundizamos na importancia de resolver os conflictos de forma pacífica , de disfrutar xogando sen pelexas , nen disputas ; e do respeto cara as diferenzas dos demais.
E como moi ben definiu un neno da clase  : " a paz é estar tranquilo " .
Falamos dos símbolos que representan a paz , e representamos un deles utilizando un fondo pintado co tizas pastel.





* XOGO CAZA ABRAZADORES : O xogo consistía en abrazarse por parellas . Dada unha sinal deben abrazarse a outr@ compañeir@ distinto  do anterior . Un nen@  é o caza-abrazador que intenta coller os nen@s , antes de que se abracen.
Con este xogo preténdense mellorar a relación entre tódolos compañeiros , e que aínda que cada un ten os seus amig@s preferidos deben aceptarse e respetarse tod@s. O mellor que lle podemos transmitir a estas idades son" uns bos valores ". ¡ Disfrutamos moito ! , Alberto  e Ana tamén o pasaron ben.




*Para que o traballo realizado durante unha semana arredor da paz , non se esquenza ,
  fixen unha libreta na que iremos escribindo tódolas conductas positivas dos nen@s ,
  que contribúan a mellorar relación entre eles.