jueves, 31 de octubre de 2013
miércoles, 30 de octubre de 2013
OS COCIÑEIROS
Etiquetas:
cociñeiros,
decoración da porta da clase
martes, 29 de octubre de 2013
CESTIÑOS PARA AS CASTAÑAS
lunes, 28 de octubre de 2013
domingo, 27 de octubre de 2013
SERIES COAS PINZAS PEQUENAS
Unha boa forma de favorecer a " prensión en pinza " dos dedos polgar e índice e utilizando as pinzas pequenas .
Metemos pinzas de cores variados nunha fiambrera e mandásmolle o nen@ continuar a serie : comezamos con dúas cores e unha soa pinza , e vamos incrementando a complexidade da serie , cando o nen@ a faga correctamente.
- Tamén podemos facelas series en forma de serpe , xa esixe un pouco máis de destreza .
- Poñelo número de pinzas que se nos indique .
- Poñer máis dunha cor que doutra ( menos ou igual número )
- Traballar sumas e restas .
- Poñer parellas de pinzas dentro da caixa e buscar a pinza a que lle falta a súa parrella...
Etiquetas:
cantidade,
Cores,
Matemáticas,
pinzas,
series
sábado, 26 de octubre de 2013
UN CONTO PARA SAMAÍN...
Aínda que resulte sorprendente, estamos ante o inicio dunha grande amizade: entre un bruxo que caza nenos para a súa despensa e a que ía ser a súa próxima vítima. Con todo, a intelixencia da pequena Branca evitará que Carabuñas a engula. Ademais, propiciará que a vida deste personaxe que nunca cortaba as uñas, dea un xiro de 180 graos.
É un conto , cunha ilustración sinxela e fermosa no que se mistura o medo inicial , coa tenrura , risa , ledicia ... A mín gustoume moito e confío que o luns , cando llo lea os nen@s , tamén o disfruten .
XOGOS DE SAMAÍN
viernes, 18 de octubre de 2013
PERÍODO DE ADAPTACIÓN
Aquí vos quedan algúns intres do período de adaptación , tedes que disculparme por non telas publicado antes , pero primeiro tiven que localizala cámara , que non me aparecía , ja , ja , como di o refrán " Máis vale tarde que nunca ".
EL LIBRO INQUIETO
Estos días estamos lendo moitos contos cos que : cantamos , imitamos , movémosnos . Disfrutamos escoitando e participando .
Lemos o mesmo conto varias veces , así nos axuda a interiorizalo mellor .
Hoxe disfrutamos co conto : " El libro inquieto " . É un libro interactivo no que tod@s participamos rascando o lombo do monstro , dándolle un bico a unha rá , axitando o mar ... aínda que para os de 3 anos é un conto un pouco longo , a maior parte deles mantivo moi ben a atención .

O PODER DA IMAXINACIÓN
Este conto invita a fomentar o " poder da imaxinación " . Nel Guillermo e os seus amigos viven moitas aventuras : suben nos elefantes , fan unha cabana no bosque , atravesan unha ponte perigosa , durmen na cabaña do oso ....
Despois de lelo conto fomos o ximnasio e vimos como podemos disfrutar xogando sen xoguetes , " deixando voar a nosa imaxinación "
E por suposto , unha vez visto polos nen@s , verbalizaremos todo o que fixemos .

martes, 15 de octubre de 2013
XOGO PARA TRABALLAR CONCEPTOS BÁSICOS
lunes, 14 de octubre de 2013
XOGOS DAS CORES
viernes, 11 de octubre de 2013
XOGO DE INICIACIÓN NO ORDEADOR
jueves, 10 de octubre de 2013
QUE CONTO NOS VEÑEN A CONTAR ?
CADRO DE CONDUCTA
Este cadro de conducta , coa mascota da clase , resúltalle moi motivante os nen@s.
Cada día , ó finalizar a xornada , o encargado reparte un lobo Lupi os nen@s que se portaron ben . O finalizar a semana lévano para a casa .
Con él traballamos tamén os números , contando os que poñen cada día e asociando co número e máis adiante asociarán co día da semana.

lunes, 7 de octubre de 2013
CONTO PARA TRABALLAR OS DÍAS DA SEMANA
Deíxovos o conto coas ilustracións . A mín paréceme moi motivante , para axudalos nenos a interiorizar os días da semana:
CONTO DOS DÍAS DA SEMANA :
Había unha
vez unha galiña que non podía poñer ovos, polo que decidiu quedarse con tódolos
ovos que atopara polo camiño.
Empezou a camiñar
e atopouse cun ovo de cor amarelo e cando
fixo crac , un fermoso parrulo apareceu , e chamouno LUNS .
Seguiu
camiñando e atopouse cun ovo de cor vermello, e cando fixo crac ,apareceu unha
serpe , a que lle puxo por nome MARTES .
Seguiu
camiñando e atopouse cun ovo de cor azul ,
e cando fixo crac ,apareceu unha tartaruga , a que chamou MÉRCORES .
Seguiu
camiñando e atopouse cun ovo de cor azul , e cando fixo crac , apareceu un peixiño de
cores , o que chamou XOVES.
Seguiu
camiñando e atopouse cun ovo de cor laranxa
, e cando fixo crac ,apareceu un
crocodilo , o que chamou VENRES .
Seguiu
camiñando e atopouse con dous ovos rosa e laranxa e cando fixeron crac , saíron dous dinosaurios os que chamou
SÁBADO E DOMINGO .
DEBUXOS QUE O ACOMPAÑAN :
Cada día contamos a parte que corresponde e poñemos a galiña enriba do ovo , e o día .
Suscribirse a:
Entradas (Atom)