sábado, 28 de diciembre de 2013

ANIVERSARIOS DE DECEMBRO

Os nosos  " pitufiñ@s " máis cativos cumpriron 3 anos .

miércoles, 25 de diciembre de 2013

VISITA DE PAPÁ NOEL

E chegou Papá Noel ... aínda que algún se asustou un pouquiño , recibímolo con ilusión e sorpresa.

lunes, 23 de diciembre de 2013

FESTIVAL DE NADAL

Felicitarvos a tod@s pola vosa actuación : os nen@s de 4 e 5 anos , fixéronno moi ben , xa son "uns expertos ", os de 3 anos costounos un pouquiño máis , xa que é para nós unha situación nova , rodeados de moita xente ... aínda así fomos moi valentes , e na seguinte xa nos costará un pouco menos. PARABÉNS PARA TOD@S !!.

sábado, 21 de diciembre de 2013

PORTADAS DE NADAL

Na portada de Nadal  , puxemos o mellor agasallo , " os nosos pitufiñ@s ".

Na contraportada aproveitamos as postais que fixemos para o concurso .


CONCURSO DE POSTAIS

Este ano , no concurso de postais de Nadal do colexio , Saúl acadou o terceiro premio.
NORABOA SAÚL !! , e darlle tamén a noraboa o resto da clase pola súa participación.


martes, 3 de diciembre de 2013

TALLER DE COCIÑA CON BELÉN

Hoxe chegou a nai de Iago e Lucía a prepararnos dous postres moi cargados de vitaminas ( aínda que  siga habendo algúns reacios a probar froitas ... ).
MOITAS GRAZAS BELÉN !! , polo teu traballo feito con  ilusión ( e pola cara de ledicia dos teus fillos ). 




VAI CHOVER...

Vai chover , 
vaste mollar , 
debes correr
e os charcos saltar .
Gústanos  moito cantar esta cantinela acompañada con xestos ... e para non mollarnos puxemos  o chuvasqueiro , as botas e abrímolo paraugas .


lunes, 2 de diciembre de 2013

COLECCIÓN DE MIKO







Cada día disfrutamos un ou varios contos . Hoxe encantounos o conto de " ¡ Baño , no ! , da colección Miko .
Miko é un ratiño moi especial e con moita sensibilidade , que se adentra na nosa realidade , e que nos inivta o diálogo e reflexión  arredor das nosas rutinas , e da vida en familia .