viernes, 29 de noviembre de 2013

SSSHHH ! SLENCIO !

É o conto preferido dos  " meus nen@s ", relacionado co Nadal , e tamén da " profe ".
Papá Noel fai moito ruido cando reparte os regalos , e sempre lle chaman a atención : "sssshhhh , que despertarás a los niños ".... Idóneo para dramatizalo .

 

jueves, 28 de noviembre de 2013

XOGOS DE NADAL

http://translate.googleusercontent.com/translate_c?depth=1&hl=es&prev=/search%3Fq%3DEDUCACIO%2BI%2BLES%2BTIC%26newwindow%3D1%26client%3Dfirefox-a%26hs%3Dslk%26rls%3Dorg.mozilla:es-ES:official&rurl=translate.google.es&sl=ca&u=http://www.interdidactica.com/jugar.php%3Flan%3Dca%26game%3Dna089&usg=ALkJrhjUsFUizCldrdFZZJoGc8IvCNyOfA

http://translate.googleusercontent.com/translate_c?depth=1&hl=es&prev=/search%3Fq%3DEDUCACIO%2BI%2BLES%2BTIC%26newwindow%3D1%26client%3Dfirefox-a%26hs%3Dslk%26rls%3Dorg.mozilla:es-ES:official&rurl=translate.google.es&sl=ca&u=http://www.interdidactica.com/jugar.php%3Flan%3Dca%26game%3Dna001&usg=ALkJrhgTOpPe-CwTSwYgFDziONSgMV8h3Q

http://chucuchuc.com/games-and-activities-for-toddlers/the-christmas-land/christmas-tree-with-gifts

http://www.mightybook.com/MightyBook_free/new_month/december_fun/game/christmas_match.swf

Estos xogos son sinxelos , os nen@s de 3 anos , pódenos realizar no ordeador ou pizarra dixital.

OS TRES PORQUIÑOS NO NADAL

  Está basado no clásico " Os 3 porquiños " , é  sinxelo  e moi divertido ,  invita a reflexionar e  a  debatir cos nen@s que é o que ocurre o final do conto ...

XOGOS DE PUZZLES SINXELOS

Idóneos para os nen@s de 3 anos , xa que só teñen 4 pezas .


http://www.guiachinpum.com.ar/juegos-infantiles/rompecabezas/1-puzzle-perro.php

http://www.guiachinpum.com.ar/juegos-infantiles/rompecabezas/1-puzzle-rulos.php
    
 

lunes, 25 de noviembre de 2013

jueves, 21 de noviembre de 2013

PANXOLIÑA DE NADAL

Xa sabedes que estamos co proxecto : " Cociñeiros na escola " , polo que decidimos facer a  actuación de nadal , relacionada co proxecto , seremos pasteleiros.
Deíxovos a panxoliña para que os nen@s se vaian familiriazando con ela . Acompañarémola cunha pequena escenificación .


domingo, 17 de noviembre de 2013

EL GRAN , GRAN , GRAN DINOSAURIO


"Ao pequeno dinosauro Finlay, mentres conta tranquilamente os seus gominolas para facer a repartición entre o seu amigo e él, intenta intimidarlle un malhumorado dinosauro moito máis grande e feroz, pero Finlay non se acovarda. A cada demostración de forza bruta do seu acosador, o pequeno dinosauro responde simplemente que o seu amigo lle supera en tamaño e habilidade, e que lle comerá sen inmutarse en canto él llo pida. Será certo que Finlay ten de verdade un enorme amigo."

É mellor COMPARTIR e ter bos amigos, que gruñir e presumir diante dos demais.

EL BUEN LOBITO

E xa que vos falei de contos de lobos na última entrada , deíxovos un conto dun lobo moi bo , o que lle  encanta cociñar , come de todo , incluso as verduras ... ata que un día se atopa cun lobo malo , que lle fai " cuestionarse a súa personalidade "... quédome coa súa mensaxe que " cada un é único e irrepetible " , e que temos que actuar dacordo co que pensamos .
É un conto premiado na Feira Internacional do Libro Infantil de Bolonia , e que resulta moi familiar e cercano para os nen@s , xa que aprecen tamén os clásicos : " Os 3 porquiños " e
 " Carapuchiña vermella ".... e cun final sorpresa que nos fai reflexionar e que invita o debate cos nen@s.

MENÚ PARA UN LOBO FAMENTO

Xa vos contamos que este ano os nenos de infantil traballaremos no proxecto de biblioteca con: "Cociñeiros na escola " e para ambientar a biblioteca as profesoras de infantil en colaboración cos nen@s de 4 e 5 anos , que nos axudaron a escribir, elaboramos este menú de conto, feito para un lobo moi famento...


ESPETADA DE FROITAS

E seguimos cociñando ... e aproveitamos a estación para traballar unha receita con froitas típicas de outono.
Primeiro visualizamos un powerpoint para distinguir os froitos secos , dos froitos carnosos , recordamos o visualizado e nomeamos as froitas coas que imos traballar.
 Sacamos as uvas do seu acio , cortamos a froita en anaquiños , e espetámola nun pao , e así quedou a nosa receita .
E por suposto o día seguinte traballamos coa receita e lembramos todo o que fixemos e os ingredientes que utilizamos . Poñemos a proba esa memoria ...






miércoles, 13 de noviembre de 2013

XOGO COAS FORMAS

Despois de ler o conto de " Por cuatro esquinitas de nada " , nós tamén xogamos a metelas formas na súa casa , seguindo as consignas dadas : Primeiro xogamos metendo só as formas :





Despois tiñan que metelas formas ,tamén tendo  en conta a cor :




PEQUENO AZUL E PEQUENO AMARELO

Outro conto que lemos relacionado co círculo foi : " Pequeno  azul e pequeno  amarelo " .

É un conto cunha ilustración moi simple feita con anacos de papel e poucas palabras, que esconde unha historia entrañable,historia na que se enxalzan a amizade,a identidade individual e colectiva. Os nen@s reciben unha lección artística sobre cores, tamaños e direccións.

 Este conto realizárono os nen@s e o  profesorsado do Ceip Alpartir   (Zaragoza) . GRAZAS POR COMPARTILO !!

miércoles, 6 de noviembre de 2013

POR CUATRO ESQUINITAS DE NADA

Dado que estamos traballando co círculo , aproveito para lerlles un conto moi bo pola súa simpleza , mais cunha grande mensaxe de fondo : a  amizade e o respeto pola diferenza .
Cuadradito quere xogar na casa dos seus amigos Redonditos, pero non pasa pola porta porque... A porta é redonda como os seus amigos! «Teremos que recortarche as esquinas!», dinlle os redonditos. «Oh, non! -di Cuadradito- Doeríame moito!» Que podemos facer? Cuadradito é diferente. Nunca será redondo.



Aquí vos deixo a adaptación do conto feita por Maite  Calavia  con alumnos do ceip " El Espartidero de  Zaragoza ". Grazas por compartilo .

martes, 5 de noviembre de 2013

OS COGUMELOS

Preparamos o fondo outonal  pintando con esponxas , pintamos o cogumelo con pincel e cando secou puxémoslle as manchas brancas coa pegada do noso dedo ... e así quedou a nosa " amanita muscaria " .... chea de cor !!



domingo, 3 de noviembre de 2013

CELEBRACIÓN DO SAMAÍN E O MAGOSTO




O mércores celebramos o  Halloween e o magosto con varios talleres e xogos , rematando por suposto , comendo as castañas asadas cun chocolate quentiño .... que rico !!.
Participamos nos talleres de coloreado de caroutas , a auxiliar de conversa  explicounos como se celebra o Halloween no seu país , aprendemos como hai que facer para vaciar unha cabaza , maquilláronnos , xogamos a bailar coa castaña na nosa fronte ( moi difícil para nós ) , a comer o biscoito mollado en chocolate , que nos da un compañeiro cos ollos fechados ( moi complicado para nós ... polo que rematamos comendo todos cos ollos abertos) , xogamos a lanzala castaña coa vasoira , intentamos metela castaña dentro da caixa ... un día cheo de actividades .



ARAÑAS DE SAMAÍN

 Os nen@s de 3 , 4 e 5 anos xuntámonos  paa facer un taller de cociña . Elaboramos  " arañas de Samaín " e temos que felicitalos polo seu comportamento e implicación .





O día seguinte despois de verbalizar o que fixemos , reflexamos o traballo en varias fichas según a idade do neno :
En 3 anos rodeamos   a letra " a " na palabra  araña e intentamos debuxala .
Cos nen@s de 4 e 5 anos  , escribimos os ingredientes .

 
Tod@s rodeamos os ingredientes que utilizamos para a súa elaboración :

E por último fixemos unha secuenciación temporal dos pasos que seguimos para facela araña.
Os nen@s de 3 anos fixemos a secuenciación  entre tod@s .