domingo, 23 de diciembre de 2012

OS PAXAROS DE CHEFA E TOÑITO

Desta volta Chefa non veu cargada de froita , senón de xaulas con paxaros . Chefa e Toñito trouxéronnos  algúns , dos moitos animais , que teñen no seu " zoo " . Poidemos coñecer varios tipos de aves : os agapornies , os periquitos , a codorniz de China , os diamantes mandaríns e os canarios .
Os nen@s  que se atreveron poideron coller o periquito ( que non corría risco de botarse a voar ) , algún asustouse o telo na man , outros só  o tocaron ...
Vimos os ovos que poñen  que son moi pequeniños , vimos os distintos tipos de plumas .
Chefa explicounos moitas cousas destes paxaros e ensinounos moitas fotos doutros animais que teñen na casa .

MOITAS GRAZAS CHEFA E TOÑITO POLA VOSA COLABORACIÓN !!!

domingo, 16 de diciembre de 2012

OS TRASNOS DE PAPÁ NOEL

Estivemos traballando con este conto :
Seguro que algunha vez te fixeches preguntas sobre Papá Noel como: Onde vive? Como sabe o que queres? Como fai para fabricar e repartir todos os regalos? E como sabe se fuches bo? Que pasa se te espertas a noite de Nadal? Hai miles de preguntas que poderías facer sobre Papá Noel.Este libro ten o propósito de explicarte todo o que hai que saber sobre Papá Noel .


Vimos que ten moitos trasnos co axudan . Uns deles son os que van vestidos de vermello , que son os aprendices de trasno . Nós tamén somos " aprendices ":










ÁRBORE DE NADAL


Fixemos un adorno para a nosa  árbore de nadal .

sábado, 15 de diciembre de 2012

COCIÑAMOS CON CHEFA

O luns estivo Chefa cociñando con nós . Preparamos catro patros :
  1. Piruleta de froitas .
  2. Brochetas de froitas con chocolate .
  3. Ovos con patacas fritas .
  4. Pizza de froitas .
Como podedes ver un menú  "casi de voda " , e moi san , xa que a maioría dos ingredientes eran froitas .
Xa rematado o taller de cociña , fomos dicindo entre tod@s o que fixemos e os ingredientes que utilizamos .
E estivemos moi atentos , xa que non se nos esquenceu nada .




    MOITAS GRAZAS CHEFA POLA TÚA COLABORACIÓN !! .


OS CAMELOS

APRENDEMOS :
  • Os camelos poden ser de dous tipos :
  1. camelos ( teñen 2 xibas )
  2. dromedarios ( teñen 1 xiba )
  • A súa xiba almacea graxa , que utilizan cando escasea a comida .
  • Son hervíboros ( comen follas , herbas , arbustos e grans ).
  • Sabemos que hai camelos no continente que estamos a estudar : ÁFRICA .
* Fixemos a portada trimestral cos  camelos :


 * Debuxamos un camelo cargado de regalos : 


jueves, 13 de diciembre de 2012

CONCURSO DE POSTAIS DO NADAL

 Coma tódolos anos participamos no concurso de postais do Nadal  , que realizamos entre tódolos cursos do noso colexio. Este ano o primeiro premio acadouno  unha nena  da nosa clase , Carla  Bello Rodríguez .
NORABOA CARLA ! e por suposto NORABOA tamén , a tódol@s nen@s que participastes no concurso .

martes, 4 de diciembre de 2012

CENTENARIO DE CELSO EMILIO FERREIRO



  
Con motivo do Centenario  do escritor que da nome o noso colexio , Celso Emilio Ferreiro , fixemos entre tod@s  , un vídeo  coa súa biografía . Os nen@s de infantil tocounos a primeira parte , e hai que dicir , que despois de varios ensaios e moitas tomas falsas , quedaron  " moi simpáticos ".
Grazas  a tódol@s nen@s pola súa implicación e por ter tanta paciencia  e moitas grazas o profe Agustín que grabou o noso anaquiño e foi moi paciente con tod@s nós .

BODEGÓN DE FROITAS

     E seguimos traballando co conto da " Araña e máis eu ":
  1. Pintamos tódalas froitas que saen no conto con pinceis e pintura de dedos .
  2. Debuxamos  e pintamos un froiteiro .
  3. Recortamos e pegamos .
  4. Decoramos o froiteiro .
  5. Aprendemos que  se chama bodegón e miramos  bodegóns de pintores famosos .