jueves, 28 de febrero de 2013

UNS CANS MOI COLORIDOS

Puxémonos " mans a obra " para facer uns cans moi especiais , moi grandes ( que a profe Ana é moi pesada , con que fagamos os debuxos grandes ... ) , e cheos de cores vivas ... e  así quedaron  de chulis ! .
  1. Debuxamos a silueta da cabeza .
  2. Pintamos a cara con témperas , coa cor que escolllemos.
  3. Escollemos unha cor para o fondo e pintámola con témperas .
  4. Pintamos con ceras brandas as partes da cabeza e as súas manchas .
  5. Recortamos e pegamos a  cabeza .

miércoles, 27 de febrero de 2013

FESTIVAL DE ENTROIDO









As fotos supoño que xa  as veríades todo@s na páxina web do noso cole , mais quedaba pendente poñervos a  actuación para aquelas familias que non puidestes estar , debido a un problema técnico non o puiden poñer antes .
Perdón polo retraso.



 



NUEVO PROYECTO : EL PERRO

O CAN

Como estamos traballando con África , aprendemos moitas cousas de 4 animais salvaxes : o león , o elefante , o crocodilo e a xirafa ( os amigos de Lupi e Lupita ) .
 Agora decidimos traballar cun animal doméstico e para iso votaron o que querían :

Gañou o can por maioría.


Que saben dos cans ?
  • teñen garras
  • pelo .
  • teñen moi bo olfacto.
  • e oído.
  • cando están contentos movewn o rabo .
  •  hai cans que vixían .
  • ladran .
  • saltan .
  • son omnívoros .
  • non deben comer moito zucre .







lunes, 25 de febrero de 2013

EL BAOBAB


A árbore máis típica de África é o baobab .




 Nos bosques secos de África, a árbore do baobab domina a paisaxe coa súa altura.
Conta unha lenda, que o baobab era unha das árbores máis belas do continente, admirado por todos pola súa follaxe, flores e porte. A súa vaidade creceu tanto que os deuses o castigaron, enterrando as súas ramas e deixando á vista as súas raíces. Realmente parece unha árbore invertida. Gustoulles moito a lenda
.

Observamos dous cadros da pintora Cristina Alejos : " El baobab y la lluvia " y " El árbol africano ".



 Fixemos a nosa versión do cadro :



sábado, 9 de febrero de 2013

OS LEÓNS VAN DE ENTROIDO

Como estivemos aprendendo moitas cousas do león ( outro dos amigos de Lupi e Lupita ) , fixemos a súa cara  .
  • Primeiro pintamos  a cara con pinturas de dedos marrón e laranxa  diluída , utilizando esponxas .
  • Recortamos a melena .
  • Pintámolas partes da cara con ceras brandas .
  • Pegamos e puxemos o león así de festeiro .
As caras , quedaron moi expresivas .


MÁSCARAS AFRICANAS

  • Pintámolas coas  ceras brandas .
  • Delimitamos as liñas con cinta de cores .
  • Decorámolas con gomets e anaquiños de goma eva .
  • Recortamos e pegamos .

lunes, 4 de febrero de 2013

OS ZULÚS

O Antroido no colexio xira arredor dos continentes  , os nen@s de infantil disfrazarémonos de  tribu zulú .
Estamos ensaiando unha  canción tradicional zulú :
Aya ngena
Aya puma
Aya didi zela
Aya saba maguala

Así  os debuxamos e fixemos en plastilina :









XOGAMOS A DISFRAZARNOS

Ímonos ambientando de cara o Antroido , e para iso xogamos a disfrazarnos , elixindo os disfraces que máis nos gustaban da publicidade , recortando  e pegando a nosa cara . Así quedamos de divertid@s !



DÍA DA PAZ

Coma tódolos anos celebramos o Día da Paz , con moitos xogos cooperativos ,  que realizamos en equipos con nen@s de distintas idades , e cun mural que elaboramos entre tódolos nen@s do colexio .
As fotos están na páxina web do noso colexio.

A nivel de clase traballamos a paz , a través de dous contos :


Hoxe, na escola enfadáronse a Parrula e o Cabuxiño . Un álbum divertido onde cada un explica a súa versión dos feitos, coma se fosen dous contos, segundo se se mira por un lado ou polo outro... Unha historia de enfado e reconciliación.... Un libro con dúas portadas! .



Topi e Popi, dúas pequenas toupas queren xogar xuntas. Popi quere levantar un grande outeiro, pero Topi prefire cavar un profundo burato. E, sobre todo, ningún dos dous quere ceder. Así non poden saír ben as cousas, verdade? .



Aprendimos este pequeno poema :

  Que voen !
 Que voen!
         a paz e o amor
                         para que o noso mundo
                 sexa moito mellor .

O poema representámolo debuxando a pomba en forma de corazón ,
e na boca cunha variña levando o amor polo mundo .