Mostrando entradas con la etiqueta Flores. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Flores. Mostrar todas las entradas

martes, 26 de marzo de 2013

PLANTAMOS O TULIPÁN

O día 11 de Marzo plantamos o noso tulipán . Estamos moi pendentes do seu crecemento , cada día que chegamos a clase miramos o que medrou , e os primeiros días houbo un pouco  de decepción : " profe , non medrou nada "...  " a miña está máis alta ".



Buscamos en internet o tulipán , xa que algún non coñecía a flor .

Fixemos un calendario e rodeamos o día 11 , para ver os días que pasan ata que saia a flor .
O día seguinte de plantala , verbalizamos os pasos que fixemos para plantala e plasmámolo nunha ficha .





Aprendemos as partes do bulbo e para que serven .
Pegamos cada palabra no sitio que lle corresponde .



miércoles, 19 de septiembre de 2012

VISITAMOS A DALIA

Cando chegaron as vacacións a  nosa dalia non podía quedar no cole , polo que decidimos levala a un xardín moi cercano , o de Dalia . Cando chegamos observamos que medrara un montón , xa ten moitas flores . Grazas a Dalia e os seus pais por coidala tan ben !.




jueves, 17 de mayo de 2012

OS TULIPÁNS .


Traballamos  a simetría con dúas actividades  plásticas :
  1. Fixemos  as bolboretas debuxando unha metade nun papel  dobrado para que quedaran os dous lados simétricos .
          Os tulipáns relizáronos co origami , plegando no papel .






2. Fixemos o xarrón debuxando unha metade no papel dobrado e decorámolo libremente.




FLORES

Fixeron as flores resgando o papel , un traballo que lles custa facer .

miércoles, 9 de mayo de 2012

PLANTAMOS A DALIA

Hoxe plantamos unha dalia , agora toca cuidala  e darlle " mimos " para que saia fermosa .¿ De qué cor será ? , agora temos que ter paciencia , esperar e ir observando a súa evolución .

domingo, 22 de abril de 2012

FLORES

A primavera chegou moi escura e chuviosa , intentamos darlle   cor e alegría cos cadros que realizamos con  pinceis e pintura.

domingo, 15 de abril de 2012

A FLOR DO TOXO

Coñecemos unha flor moi típica da nosa terra ,  a flor do toxo . Aprendemos que se chama alecrín ou chorima , e que florece non só  en primavera , senón tamén en verán e outono .
Cada un intentou reproducila , con plastilina e con pintura de dedos . Así nos quedou :