martes, 2 de diciembre de 2014

lunes, 1 de diciembre de 2014

XA ME TARDAN

Esta é a panxoliña que imos cantar no Nadal , podedes escoitala e cantala.

jueves, 20 de noviembre de 2014

ANIMAIS PREHISTÓRICOS

http://es.slideshare.net/elenarincon/animales-prehistricos

Aquí  queda este slide de Elena Rincón , para repasar os animais prehistóricos que coñecemos . Moitos deles extinguíronse e outros seguen existindo ... e aínda que algúns teñen uns nomes " moi raros " , recordámolos.

"PHOTOCALL PREHISTÓRICO "


    Troglo , troglo  , troglo , troglodita  son...

PORTA PREHISTÓRICA

Os nen@s de infantil convertímola entrada das nosas clases nunha cova , e nós , nos habitantes dela.







martes, 4 de noviembre de 2014

LIM DAS VOGAIS

Deíxovos este lim do blogue " a  escola de Barciela " , para que poidan xogar coas vogais


http://aescoladebarciela.blogspot.com.es/p/actividades-lim.html

jueves, 30 de octubre de 2014

OS MONSTROS

Decorámola clase con estes monstros






Debuxámolos  :


O PLÁTANO - PANTASMA

Elaboramos unha pantasma moi sán... e despois de comela e coller "forzas " bailamos e cantamos a canción " Os monstriños "

CABAZAS TERRORÍFICAS


PORTA DE SAMAÍN

Xa comezamos a semana pasada a  ambientar a clase para celebralo Samaín.
Decorámola nosa porta .







A COMERRR .... AS FROITAS DE OUTONO

Despois de ver un powerpoint das froitas e froitos de outono , pasamos a degustalas.
Repartímolo traballo :
  • uns cortamos 
  • outros pelamos
  • outros sacámoslle os grans a granada
  • e outros sacámolas uvas .
Despois de probalas tod@s ( aínda que a algúns , non nós gustaron ) , xogamos a adiviñar que estábamos comendo cos ollos fechados.

martes, 14 de octubre de 2014

A PREHISTORIA

Xa imos adquirindo  aprendizaxes da prehistoria  :



                                                                 CONTOS


                                  

CANCIÓN

:











AS FOLLAS EN OUTONO


martes, 7 de octubre de 2014

QUEN SON ?

Hoxe apareceu un neno debuxado na pizarra , que preguntaba Quen son ?


Un neno respondeu : é un cavernícola.
A partir de aquí vou escribindo  no encerado  o que saben :

  • Non tiñan camas.
  • Non tiñan roupa coma nosa , nin zapatos.
  • Vivían en covas.
  • Non tiñan peites.
  • Collían auga do río.
Cando xa dixeron o que sabían , escribín as preguntas do que querían aprender :
  • Como se bañaban ?
  • Como se vestían ?
  • Que comían ?
  • Como comían ?
  • Que facían ?
A familia levades unha nota , para que os nen@s vaian traendo información , e para que vos animades a vir facer un taller cos nen@s.

martes, 30 de septiembre de 2014

ÁRBORES DE OUTONO.

Rasgamos papel para facer o tronco e as pólas , e as follas ,  fixémolas con bolas de papel seda.

lunes, 29 de septiembre de 2014

CHEGOU O OUTONO

Estamos aprendendo esta canción do outono.




Vemos un capítulo de Banner y Flappy




Estamos preparando varias actividades plásticas relacionadas co outono . Pronto as veredes .



domingo, 28 de septiembre de 2014

PREMIO EXCELLENCE






Ana  Martínez  , do blogue  Aula tic , concédenos este premio , polo traballo realizado co noso blogue.
Grazas Ana , por acordarte de nós , e polos comentarios de apoio , que nos envías  continuamente . E
grazas  tamén , por compartir o teu excelente traballo con tod@s.
Para aceptalo premio hai que cumplir estas regras :
  1. Pegar a imaxe do premio.
  2. Escribir un agradecemento.
  3. Nominar a dez blogues.
  4. Publicar.
 Os 10 blogues que nomino son :
  1. Actividades para educación infantil.
  2. Escuela de Blanca .
  3. Un mundo de pequeñas cosas .
  4. La clase de Miren.
  5. El  sonido de la hierba al crecer.
  6. Arte en la escuela.
  7. Regalims de colors.
  8. Plastiquem.
  9. Eu cociño ,ti cociñas ?
  10. Duendes juguetones .








MERENDAMOS CON ...

Fixemos un fermosos manteis plastificados , para poñer enriba da nosa mesa , a hora da merenda .
Convertimos un cuadrado e un triángulo , no corpo do nen@ , que debuxamos .
Así nos quedaron , " moi expresivos "


viernes, 19 de septiembre de 2014

UNHA VIAXE POLA HISTORIA

Este ano o proxecto de biblioteca é unha viaxe pola historia ... os nen@s de infantil , " viaxaremos a prehistoria ".

Xa sabedes familias , podedes colaborar no proxecto de moitas formas : contándonos cousas desa época , algún conto , canción , realizando algunha manualidade ... Animádevos a vir !!.