sábado, 24 de noviembre de 2012

BATIDO DE FROITAS

Seguimos traballando co conto da  " Araña e máis eu " , e aproveitando que no conto saen moitas froitas , utilizamos varias , para facer uns batidos .
Para facelos  tivemos a un " chef " moi especial , José ( o pai de Antía ) , que nos fixo uns batidos moi ricos e adaptou moi ben as explicacións a idade dos nen@s. Por suposto axudado , por todos nós .
A algún costoulle bebelo , mais conseguimos que tod@s os probasen , e outr@s repetiron varias veces .

MOITAS GRAZAS JOSÉ  , POLA TÚA COLABORACIÓN !!


*Previamente recordamos o nome das 15 froitas que saían no conto , case o conseguimos , só nos  quedaron dúas e numerámolas .



* Escoitamos a canción , e bailámola e intentamos cantala , e recordamos a importancia do consumo  da froita fresca .

viernes, 16 de noviembre de 2012

O MAGO BENXAMÍN

Hoxe  tivemos o  mago  Benxamín( actuación da Anpa en colaboración co concello de Cerceda ) , que nos fixo un pouquiño de maxia , misturada con humor.

jueves, 15 de noviembre de 2012

A ARAÑA E MÁIS EU.

Como estamos traballando o corpo , limos o conto de Kalandraka " A araña e máis eu "
Unha das actividades que realizamos ,despois de lelo , foi debuxar unha das froitas que aparecen no conto :
a mazá .
  1. Fixemos o fondo con tizas pastel.
  2. Debuxamos a mazá con tizas pastel .
  3. Rasgamos o rabo e a folla con papel charón .
  4. Recortamos a mazá e pegamos .

viernes, 9 de noviembre de 2012

O MAGOSTO

* CASTAÑAS :
  1. O fondo foi feito con esponxas , utilizando pintura moi diluída en auga .
  2. Rasgamos anaquiños de papel charón , para facela castaña .



* Mural colectivo : Entre os nen@s de todo o colexio , fixemos un mural do magosto . Este ano  a cada clase tocoulle facer un vagón da castaña , para facer un tren . Éste foi o que nós aportamos .






*CESTIÑAS : Preparamos para o magosto unha cesta para meter as castañas .



  Participamos en varios xogos , e rematamos coa "comilona de castañas "  e o chocolate para quentar o noso corpo  , aínda cas raiolas do sol e o movemento , xa nos fixeran entrar en calor .




jueves, 1 de noviembre de 2012

HALLOWEEN

Silvia , Nieves e Lamorna  organizaron a celebración de  Halloween para todo o colexio .
Os nen@s de infantil disfrutamos dun taller de cociña e de maquillaxe ( realizado  polos nenos de 5º E 6º ) , e finalizamos o día coa proxeccíón dunha película en inglés .

                                


                        Thank the teachers of English !

sábado, 27 de octubre de 2012

CHEGA O SAMAÍN ...

Ímonos ambientando para a chegada do Samaín:

 * Disfrazámonos de cabazas






* XOGO DE BÚSQUEDA : Coas pistas que tiñamos que ler , fomos atopando as pezas do esquelete .





* AS BRUXAS



sábado, 20 de octubre de 2012

O OUTONO

* Utilizando as cores de outono , pintamos  co noso dedo unha árbore .









* CARAS CON FOLLAS

   O conto " O señor mago e a folla " ( ed. Everest ) , gústalles moito . É un mago que convirte unha folla nunha nena .  Ana púxonos o gorro de mago e cas follas que trouxemos , convertimos a folla na cara dun nen@.







* DEBUXAMOS FOLLAS : Tiñan que debuxar unha folla , utilizando varias cores e decoralo libremente.