miércoles, 3 de abril de 2013
martes, 26 de marzo de 2013
PLANTAMOS O TULIPÁN
O día 11 de Marzo plantamos o noso tulipán . Estamos moi pendentes do seu crecemento , cada día que chegamos a clase miramos o que medrou , e os primeiros días houbo un pouco de decepción : " profe , non medrou nada "... " a miña está máis alta ".
Buscamos en internet o tulipán , xa que algún non coñecía a flor .
O día seguinte de plantala , verbalizamos os pasos que fixemos para plantala e plasmámolo nunha ficha .
Aprendemos as partes do bulbo e para que serven .
Pegamos cada palabra no sitio que lle corresponde .
domingo, 24 de marzo de 2013
OVOS DE PASCUA
Para despedirnos e iniciar as nosas vacacións , traballamos con pintura e pinceis , unha actividade que noe encanta e que nos relaxa moito . Preparamos os ovos de Pascua así :
- Coas acuarelas escollemos unha cor e pintamos o fondo .
- Decoramos os ovos libremente coas acuarelas e deixamos secar .
- Recortamos os ovos e pegámolos no centro do fondo .
- Decorámolo fondo con paxariñas feitas coas ceras brandas .
OS NOSOS CONTOS DE CANS PREFERIDOS
Limos moitos contos de cans . Escollemos éstes catro , que foron os que máis nos gustaron :
O protagonista buscará bicos tenros por todos os cuartos da casa... detrás das ventás, as portas, os coxíns, os armarios, na neveira. Os únicos bicos, que atopará serán bicos de araña, serpe, peixe, rá, mamut, mosca... ata chegar ao último cuarto onde encontrará os bicos tenros que buscaba de papá e mamá .
Un conto optimista sobre un cadelo cunha gran personalidade, o amor da nena pola súa mascota, e cunha bonita mensaxe: podes ser o que queiras ser, non deixes que outros diten os teus sonos.
Éstes son os debuxos do conto , encantoulles , e de feito reproduciron o debuxo máis duna vez .
lunes, 18 de marzo de 2013
O LICAÓN
Xa coñecemos moitas razas de cans domésticos ... aprendemos que tamén hai cans salvaxes e cun deles vive nun continente , xa coñecido por tod@s : ÁFRICA
LICAÓN
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




