martes, 26 de marzo de 2013

PLANTAMOS O TULIPÁN

O día 11 de Marzo plantamos o noso tulipán . Estamos moi pendentes do seu crecemento , cada día que chegamos a clase miramos o que medrou , e os primeiros días houbo un pouco  de decepción : " profe , non medrou nada "...  " a miña está máis alta ".



Buscamos en internet o tulipán , xa que algún non coñecía a flor .

Fixemos un calendario e rodeamos o día 11 , para ver os días que pasan ata que saia a flor .
O día seguinte de plantala , verbalizamos os pasos que fixemos para plantala e plasmámolo nunha ficha .





Aprendemos as partes do bulbo e para que serven .
Pegamos cada palabra no sitio que lle corresponde .



domingo, 24 de marzo de 2013

OVOS DE PASCUA

Para despedirnos e iniciar as nosas vacacións , traballamos con pintura e pinceis , unha actividade que noe encanta e que nos relaxa moito . Preparamos os ovos de Pascua así :
  • Coas acuarelas  escollemos unha cor e pintamos o fondo .
  • Decoramos os ovos libremente coas acuarelas e deixamos secar .
  • Recortamos os ovos e pegámolos no centro do fondo .
  • Decorámolo fondo con paxariñas feitas coas ceras brandas .

OS NOSOS CONTOS DE CANS PREFERIDOS


Limos moitos contos de cans . Escollemos éstes catro , que foron os que máis nos gustaron :




É un conto  moi tenro , os nen@s rematan memorizando tódalas rimas do conto .



O protagonista buscará bicos tenros por todos os cuartos da casa... detrás das ventás, as portas, os coxíns, os armarios, na neveira. Os únicos bicos, que atopará serán bicos de araña, serpe, peixe, rá, mamut, mosca... ata chegar ao último cuarto onde encontrará os bicos tenros que buscaba de papá e mamá .
Préstase para traballar os sentimentos cos nen@s.

Un conto optimista sobre un cadelo cunha gran personalidade, o amor da nena pola súa mascota, e cunha bonita mensaxe: podes ser o que queiras ser, non deixes que outros diten os teus sonos.


Éstes son os debuxos do conto , encantoulles , e de feito reproduciron o debuxo máis duna vez .
Os debuxos dos nen@s a estas idades son moi expresivos !! 




AS PEGADAS DO CAN

Lendo os libros de información do can , descubrimos que só teñen 4 dedos . Traballamos coas súas pegadas .
Ésta é a representación plástica que fixemos .

lunes, 18 de marzo de 2013

O LICAÓN

Xa coñecemos moitas razas de cans domésticos ... aprendemos que tamén hai cans salvaxes e cun deles vive nun continente , xa coñecido por tod@s  : ÁFRICA


                                                                LICAÓN

UN AGASALLO PARA ...


                                O noso agasallo é  para papá ,
                                e como andamos moi metidos
                                no mundo dos cans  decidimos facer un canciño ,
                                un marcapáxinas dálmata .




LEDE E LÉDELLE MOITO OS VOSOS FILL@S !!

jueves, 14 de marzo de 2013

IMAXINAMOS ...

Desta volta e xa que o proxecto xira arredor dos cans , decidimos crear uns cans  ( individual ou colectivamente  ) , utilizando o material da clase que quixemos .
Como xa o fixemos con anterioridade , a tarefa resultou máis sinxela :
- Algunha parella fixo a toma de decisións conxuntamente .
- Noutra hai algún que leva o mando .
- A outros  ( aínda que lles encanta poñerse xuntos ) , ás veces , cústalle chegar a acordos .
Non interveño para nada no material seleccionado , nin na toma de decisións . Só hai que felicitalos polo traballo ben feito .

                                                          

                                                
                                           MARÍA E CANDELA


                                         ELISEO


                                          DALIA E PAULA



                                          XIAO , RODRIGO E MATEO

 

                                           ANTÍA E CARLA