jueves, 2 de febrero de 2012

DÍA DA PAZ

A semana pasada estivemos traballando a paz a través de varios contos.
  1. No quiero verte más .Ed. Juventud.
  2. ¿Me lo dejas ?.Ed.Juventud .
  3. Topi  y Popi , una colina o un hoyo .Ed . Alberdaina .
  4. Negros e brancos .Ed. Xerais.
  5. Un monstruo muy especial . Ed. Elfos.
Profundizamos na importancia de resolver os conflictos de forma pacífica , de disfrutar xogando sen pelexas , nen disputas ; e do respeto cara as diferenzas dos demais.
E como moi ben definiu un neno da clase  : " a paz é estar tranquilo " .
Falamos dos símbolos que representan a paz , e representamos un deles utilizando un fondo pintado co tizas pastel.





* XOGO CAZA ABRAZADORES : O xogo consistía en abrazarse por parellas . Dada unha sinal deben abrazarse a outr@ compañeir@ distinto  do anterior . Un nen@  é o caza-abrazador que intenta coller os nen@s , antes de que se abracen.
Con este xogo preténdense mellorar a relación entre tódolos compañeiros , e que aínda que cada un ten os seus amig@s preferidos deben aceptarse e respetarse tod@s. O mellor que lle podemos transmitir a estas idades son" uns bos valores ". ¡ Disfrutamos moito ! , Alberto  e Ana tamén o pasaron ben.




*Para que o traballo realizado durante unha semana arredor da paz , non se esquenza ,
  fixen unha libreta na que iremos escribindo tódolas conductas positivas dos nen@s ,
  que contribúan a mellorar relación entre eles.
  
                                              

No hay comentarios:

Publicar un comentario