domingo, 7 de octubre de 2012

ÁFRICA

Este curso o proxecto da biblioteca xira  arredor dos continentes . Os nen@s de infantil traballaremos co continente africano .
Esta semana chegou o cole unha carta  de Korkoro (un curmán africano de Lupi ) , que tivo un fillo, Apapu , e invita a Lupi e a Lupita para que os vaian visitar.

Buscamos no mapa onde está Etiopía  e en Internet información dos lobos etíopes ( o ano pasado xa fixéramos un proxecto do  lobo ) .
Descubrimos que quedan moi poucos lobos etíopes .





Pregúntolles que medio de transporte utilizarán Lupi e Lupita para chegar a Etiopía .
O venres despedímonos dos dous , xa que o sábado collen o avión no aeroporto de Santiago para chegar a Etiopía .
Estaremos  a espera das novas que nos manden dende ÁFRICA .

BOA VIAXE !!!




Que saben os nen@s de África ? :

  • Hai leóns , panteras , xirafas , rinocerontes , monos .
  • Está Egipto : hai camelos e dromedarios ...
  • e pirámides .
  • Escríbese con jeroglíficos , e hai unha raíña que se chama Cleopatra .
Agora tócalle a Lupi e Lupita axudarnos a que aprendamos moitas cousas máis .

 * AMBIENTACIÓN DA BIBLIOTECA : Este ano os nen@s de infantil fixemos  o móvil dun avión , no que nos debuxamos todos , acompañados de Buluchi ( a mascota da biblioteca) .


Algún dos nen@s saltou en paracaídas 




     
* DECORACIÓN DA PORTA DA CLASE



Despois de varias sesións de traballo , éste é o resultado







No hay comentarios:

Publicar un comentario