Deíxovos o conto coas ilustracións . A mín paréceme moi motivante , para axudalos nenos a interiorizar os días da semana:
CONTO DOS DÍAS DA SEMANA :
Había unha
vez unha galiña que non podía poñer ovos, polo que decidiu quedarse con tódolos
ovos que atopara polo camiño.
Empezou a camiñar
e atopouse cun ovo de cor amarelo e cando
fixo crac , un fermoso parrulo apareceu , e chamouno LUNS .
Seguiu
camiñando e atopouse cun ovo de cor vermello, e cando fixo crac ,apareceu unha
serpe , a que lle puxo por nome MARTES .
Seguiu
camiñando e atopouse cun ovo de cor azul ,
e cando fixo crac ,apareceu unha tartaruga , a que chamou MÉRCORES .
Seguiu
camiñando e atopouse cun ovo de cor azul , e cando fixo crac , apareceu un peixiño de
cores , o que chamou XOVES.
Seguiu
camiñando e atopouse cun ovo de cor laranxa
, e cando fixo crac ,apareceu un
crocodilo , o que chamou VENRES .
Seguiu
camiñando e atopouse con dous ovos rosa e laranxa e cando fixeron crac , saíron dous dinosaurios os que chamou
SÁBADO E DOMINGO .
DEBUXOS QUE O ACOMPAÑAN :
Cada día contamos a parte que corresponde e poñemos a galiña enriba do ovo , e o día .
É un conto moi chulo. Menuda sorte tivéchedes!!!!!!! Un bico.
ResponderEliminar