sábado, 26 de octubre de 2013

UN CONTO PARA SAMAÍN...


Aínda que resulte sorprendente, estamos ante o inicio dunha grande amizade: entre un bruxo que caza nenos para a súa despensa e a que ía ser a súa próxima vítima. Con todo, a intelixencia da pequena Branca evitará que Carabuñas a engula. Ademais, propiciará que a vida deste personaxe que nunca cortaba as uñas, dea un xiro de 180 graos.
 É un conto , cunha ilustración sinxela e fermosa no que se mistura o medo inicial , coa tenrura , risa , ledicia ... A mín gustoume moito e confío que o luns , cando llo lea os nen@s , tamén o disfruten  .

2 comentarios:

  1. Ten moi boa pinta, Ana. Non o coñezo. Intentarei conseguilo para a miña clase. Grazas pola recomendación. Unha aperta.

    ResponderEliminar
  2. Espero que vos guste , a mín cando un conto xa me entra pola ilustración... é raro que coa posterior lectura me decepcione . Un saúdo .

    ResponderEliminar