Beneficios de ler en voz alta:
Ler en voz alta contribúe ao desenvolvemento emocional do neno e pon as bases da súa capacidade de comunicarse:
- Os nenos educados no hábito da lectura convértense na idade adulta en bos lectores.
- Os psicólogos comprobaron que ler contos ou libros ao neno lle axuda a desenvolver e coñecer as súas emocións.
- Máis do 50% do desenvolvemento intelectual prodúcese entre o nacemento e os catro anos de idade, é polo tanto unha idade ideal para poñer os cimentos do hábito da lectura. Unha enquisa da UE revelou que o 80% dos adultos que acudían a bibliotecas públicas ,xa ían a éstas cando eran nenos.
- Os estudos confirman que os nenos educados no gusto pola lectura en casas onde é costume ler en voz alta aos máis pequenos, están máis preparados para desenvolver as súas capacidades de aprendizaxe.
- A lectura, a diferenza da televisión, os ordenadores e outros medios, estimulan o neno a encher a mente. Desenvólvese así a capacidade de imaxinación e creatividade do neno que ha de crear na súa cabeza as imaxes do que le ou lle están a ler.
- Ler ao neno en voz alta, potencia a súa concentración e atención, xa que teñen que centrarse en comprender o que están a escoitar .
- O desenvolvemento das capacidades lingüísticas do neno é, así mesmo un dos principais beneficios da lectura en voz alta.

Completamente de acordo coa túa entrada. Unha aperta.
ResponderEliminar