lunes, 14 de octubre de 2013

viernes, 11 de octubre de 2013

GUÍA CHIN PUM


Ademais dos xogos que publiquei na anterior entrada , esta páxina web arxentina é moi completa .
Ouros xogos atractivos que podedes atopar servíranvos para :
  • Para aprender a mover e dirixir o rato.
  • para facer clic co rato.
  • para a rrastrar e soltar .
  • de memoria.
  • de labirintos.
  • de colorear.

XOGO DE INICIACIÓN NO ORDEADOR

Son  xogos moi adaptados para iniciar os nen@s .Para xogar , só teñen que tocar calquer tecla do teclado .
















jueves, 10 de octubre de 2013

QUE CONTO NOS VEÑEN A CONTAR ?

Hoxe viñeron os nenos da clase de 4 e 5 anos , a contarnos un conto  "moi chulo " para aprender os días da semana . Tamén nos ensinaron a canción que cantan eles dos días da semana e nós cantámoslle , a que estamos aprendendo nós .





CADRO DE CONDUCTA

Este cadro de conducta , coa mascota da clase , resúltalle moi motivante os nen@s. 
Cada día , ó finalizar a xornada , o encargado reparte un lobo Lupi os nen@s que se portaron ben . O finalizar a semana lévano  para a casa .
Con él traballamos tamén os números , contando os que poñen cada día e asociando co número e máis adiante  asociarán co día da semana.



lunes, 7 de octubre de 2013

CONTO PARA TRABALLAR OS DÍAS DA SEMANA

Deíxovos o conto coas ilustracións . A mín paréceme moi motivante , para axudalos nenos a interiorizar os días da semana: 


CONTO DOS DÍAS DA SEMANA :

Había unha vez unha galiña que non podía poñer ovos, polo que decidiu quedarse con tódolos ovos que atopara polo camiño.

Empezou a camiñar e atopouse cun ovo de cor amarelo  e cando fixo crac , un fermoso parrulo apareceu , e chamouno LUNS .

Seguiu camiñando e atopouse cun ovo de cor vermello, e cando fixo crac ,apareceu unha serpe , a que lle puxo por nome MARTES .

Seguiu camiñando  e atopouse cun ovo de cor  azul  , e cando fixo crac ,apareceu unha tartaruga , a que chamou MÉRCORES .

Seguiu camiñando e atopouse cun ovo de cor  azul  , e cando fixo crac , apareceu un peixiño de cores , o que chamou XOVES.

Seguiu camiñando e atopouse cun ovo de cor  laranxa   , e cando fixo crac ,apareceu un crocodilo , o que chamou VENRES .

Seguiu camiñando e atopouse con dous ovos rosa e laranxa    e cando fixeron  crac , saíron dous dinosaurios os que chamou SÁBADO E DOMINGO .
 DEBUXOS QUE O ACOMPAÑAN :




 



 



Cada día contamos a parte que corresponde e poñemos a galiña enriba do ovo , e o día .

domingo, 6 de octubre de 2013