Unha boa forma de favorecer a " prensión en pinza " dos dedos polgar e índice e utilizando as pinzas pequenas .
Metemos pinzas de cores variados nunha fiambrera e mandásmolle o nen@ continuar a serie : comezamos con dúas cores e unha soa pinza , e vamos incrementando a complexidade da serie , cando o nen@ a faga correctamente.
- Tamén podemos facelas series en forma de serpe , xa esixe un pouco máis de destreza .
- Poñelo número de pinzas que se nos indique .
- Poñer máis dunha cor que doutra ( menos ou igual número )
- Traballar sumas e restas .
- Poñer parellas de pinzas dentro da caixa e buscar a pinza a que lle falta a súa parrella...
Aínda que resulte sorprendente, estamos ante o inicio dunha grande
amizade: entre un bruxo que caza nenos para a súa despensa e a que ía
ser a súa próxima vítima. Con todo, a intelixencia da pequena Branca
evitará que Carabuñas a engula. Ademais, propiciará que a vida deste
personaxe que nunca cortaba as uñas, dea un xiro de 180 graos.
É un conto , cunha ilustración sinxela e fermosa no que se mistura o medo inicial , coa tenrura , risa , ledicia ... A mín gustoume moito e confío que o luns , cando llo lea os nen@s , tamén o disfruten .
Aquí vos quedan algúns intres do período de adaptación , tedes que disculparme por non telas publicado antes , pero primeiro tiven que localizala cámara , que non me aparecía , ja , ja , como di o refrán " Máis vale tarde que nunca ".
Estos días estamos lendo moitos contos cos que : cantamos , imitamos , movémosnos . Disfrutamos escoitando e participando .
Lemos o mesmo conto varias veces , así nos axuda a interiorizalo mellor .
Hoxe disfrutamos co conto : " El libro inquieto " . É un libro interactivo no que tod@s participamos rascando o lombo do monstro , dándolle un bico a unha rá , axitando o mar ... aínda que para os de 3 anos é un conto un pouco longo , a maior parte deles mantivo moi ben a atención .
Este conto invita a fomentar o " poder da imaxinación " . Nel Guillermo e os seus amigos viven moitas aventuras : suben nos elefantes , fan unha cabana no bosque , atravesan unha ponte perigosa , durmen na cabaña do oso ....
Despois de lelo conto fomos o ximnasio e vimos como podemos disfrutar xogando sen xoguetes , " deixando voar a nosa imaxinación "
E por suposto , unha vez visto polos nen@s , verbalizaremos todo o que fixemos .
Un lim para xogar coas cores , compartido polo blogue " Lospequesdemicole .blogspot .com ".