viernes, 19 de septiembre de 2014

UNHA VIAXE POLA HISTORIA

Este ano o proxecto de biblioteca é unha viaxe pola historia ... os nen@s de infantil , " viaxaremos a prehistoria ".

Xa sabedes familias , podedes colaborar no proxecto de moitas formas : contándonos cousas desa época , algún conto , canción , realizando algunha manualidade ... Animádevos a vir !!.

YO TENGO UNA CARITA

Estos 8 días que levamos de cole , estámolos aproveitando para ir retomando hábitos de traballo , normas , repaso do que levamos adquirido , adaptándonos a nova profe para algúns , e novos compañeir@s... Para a semana xa iniciaremos un proxecto . Mantendrémosvos informad@s.
Esta semana estivemos aprendendo a canción : " Yo tengo una carita " e plasmámola así nun debuxo .



lunes, 15 de septiembre de 2014

BENEFICIOS DE LERLLE OS NEN@S

Beneficios de ler en voz alta:
Ler en voz alta contribúe ao desenvolvemento emocional do neno e pon as bases da súa capacidade de comunicarse:


- Os nenos educados no hábito da lectura convértense na idade adulta en bos lectores.

- Os psicólogos comprobaron que ler contos ou libros ao neno lle axuda a desenvolver e coñecer as súas emocións.

- Máis do 50% do desenvolvemento intelectual prodúcese entre o nacemento e os catro anos de idade, é polo tanto unha idade ideal para poñer os cimentos do hábito da lectura. Unha enquisa da UE revelou que o 80% dos adultos que acudían a bibliotecas públicas  ,xa ían a éstas cando eran nenos.

- Os estudos confirman que os nenos educados no gusto pola lectura en casas onde é costume ler en voz alta aos máis pequenos, están máis preparados para desenvolver as súas capacidades de aprendizaxe.

- A lectura, a diferenza da televisión, os ordenadores e outros medios, estimulan o neno a encher a mente. Desenvólvese así a capacidade de imaxinación e creatividade do neno que ha de crear na súa cabeza as imaxes do que le ou lle están a ler.

- Ler ao neno en voz alta, potencia a súa concentración e atención, xa que teñen que centrarse en comprender o que están a escoitar .

- O desenvolvemento das capacidades lingüísticas do neno é, así mesmo un dos principais beneficios da lectura en voz alta.



miércoles, 3 de septiembre de 2014

BENVID@S Ó CURSO 2014 - 2015 !!

Deséxovos a tod@s un bo inicio do curso escolar . Espero que tod@s poidamos disfrutalo , compartindo amig@s , aprendizaxes , sentimentos , emocións , imaxinación ...


martes, 24 de junio de 2014

ATA PRONTO ... GELI !!

Despois de casi 2 meses de baixa , non podo pechar este curso , sen rendirlle unha pequena homenaxe,
a unha  compañeira , que deixa o noso cole "a profe Geli ".
Grazas por todo o que nos aportaches !!