A semana pasada estivemos traballando a paz a través de varios contos.
No quiero verte más .Ed. Juventud.
¿Me lo dejas ?.Ed.Juventud .
Topi y Popi , una colina o un hoyo .Ed . Alberdaina .
Negros e brancos .Ed. Xerais.
Un monstruo muy especial . Ed. Elfos.
Profundizamos na importancia de resolver os conflictos de forma pacífica , de disfrutar xogando sen pelexas , nen disputas ; e do respeto cara as diferenzas dos demais. E como moi ben definiu un neno da clase : " a paz é estar tranquilo " . Falamos dos símbolos que representan a paz , e representamos un deles utilizando un fondo pintado co tizas pastel.
* XOGO CAZA ABRAZADORES : O xogo consistía en abrazarse por parellas . Dada unha sinal deben abrazarse a outr@ compañeir@ distinto do anterior . Un nen@ é o caza-abrazador que intenta coller os nen@s , antes de que se abracen. Con este xogo preténdense mellorar a relación entre tódolos compañeiros , e que aínda que cada un ten os seus amig@s preferidos deben aceptarse e respetarse tod@s. O mellor que lle podemos transmitir a estas idades son" uns bos valores ". ¡ Disfrutamos moito ! , Alberto e Ana tamén o pasaron ben.
*Para que o traballo realizado durante unha semana arredor da paz , non se esquenza , fixen unha libreta na que iremos escribindo tódolas conductas positivas dosnen@s , que contribúan a mellorar relación entre eles.
Hoxe tivemos unha visita moi especial , PIPO , un coello de angora moi fermoso , que se portou moi ben e co que disfrutamos moito. Aprendemos cousas dos coellos de angora , escribímolo seu nome e debuxámolo.
* ¿ QUÉ SABEMOS DO SOL ? : - É redondo. - É amarelo e laranxa. - Que ten raios. - É unha estrela. - Brila moito. - Da calor. - Ás veces está no ceo e ás veces non . - Só hai un sol . - Sae de día. - Da luz . - É unha bola de fuego. Éstas son as ideas previas dos nenos .
*Debuxamos o sol :
* OS NOSOS SOLES :
*Inventamos e construimos un sol por parellas: Unha fermosa experiencia na que tivemos respetar o noso compañeir@ , intercambiar puntos de vista e axudar a aqueles que se atoparon con dificultades .
*Facemos un sol con play mais :
* TRABALLAMOS CO SOL NA ARTE : Xogamos a adiviñar que cadro pode ser o que se esconde , para iso ímolo destapando pouco a pouco , comentando o que pode ser . Cando o descubro de todo , pregunto si saben de qué pintor pode ser , adiviñan que é de Miró e o identifican polas cores do cadro ( o ano pasado , xa traballamos a Miró).
*EL SOL ROJO
*XOGO POR EQUIPOS: Formamos 3 equipos . A cada un deles dáselle as pezas do cadro para formar un quebracabezas. Cando o realicen teñen que poñerlle un título o cadro( non viron o cadro previamente , nin coñecen o título ). Os títulos que elexiron son os seguintes : A. O sol vermello no atardecer. B. O sol na neve. C. O sol vermello.
*EL SOL ROJO : Traballamos con outro cadro de Miró. Así o reproduciron os nen@s .
*SOLES CON ARTE : Xa coñecemos as cores que utilizaba Miró , e " os detalles "que reproducía moitas veces ( espirais , estrelas , círculos ... ) . Dándolles un modelo de orientación deben de debuxar un sol , imitando os cadros de Míró.
* Fixemos un sol facendo unha serie coas pinzas de cores :
*APRENDEMOS COUSAS DO SOL :
* O DÍA E A NOITE :
* O SOL E OS PLANETAS FORMAN O SISTEMA SOLAR :
*CANCIÓNS :
Aprendemos que aínda que Plutón sae na canción , xa non forma parte do sistema solar,
é un planeta enano.
Despois de aprender a canción , Ana decide que fagamos un conto relacionado coa canción . O conto quedounos moi fermoso.
* POEMA : O SOL XA TEN FRÍO Así memorizamos o poema .
Como dicía unha das panxoliñas que escoitamos , Papá Noel perdeu o calzón e temos que atopalo . Ana deunos as pistas e inicíamola búsqueda . Cando o atopamos xogamos co calzón (un escondeo e outro trata de atopalo).